Skip to Content

Pagina nueva 1

ACTIVIDADE EDUCATIVA

Boa noite a toda a comunidade educativa.

Como xa anunciamos, o luns 16 comeza a actividade lectiva co alumnado.

O profesorado, en cooperación cos Departamentos e Titores, elaborará o material didáctico que se enviará polas distintas canles de comunicación online.

Queremos animar a toda a comunidade a priorizar, despois da saúde, a educación. É importante que non se perda o hábito de estudo e aprendizaxe, xa que precisamente grazas ó coñecemento é posible superar as adversidades.

Moito ánimo ás familias, ao profesorado e ao alumnado. Co esforzo de todos e todas poderemos superar e aprender de esta inesperada crise. Unha aperta! Olga Pazos Directora do IES Pedro Floriani.

NOVAS INSTRUCIÓNS PARA O PROCESO DE ADMISIÓN

De acordo coas instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020,

AMPLÍASE provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión de Secundaria e Bacharelato que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

RECOMÉNDASE a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Máis información no portal da Consellería de Educación.

imaxe Familias e alumnado

SUSPENSIÓN DAS CLASES

De acordo co comunicado da presidencia da Xunta de Galicia, as clases de todos os niveis educativos suspéndense durante 14 días en toda a comunidade galega e recoméndase ás familias que eviten levar ao alumnado aos centros o venres 13.


Todos os centros educativos permanecerán pechados a partir do luns 16 de marzo.

Máis información das medidas adoptadas aquí.

AVISO IMPORTANTE: Exame de pendentes de Matemáticas.

Dadas as circunstancias actuais e as recentes decisións tomadas pola Consellería de Educación, o Departamento de Matemáticas do IES Pedro Floriani quere comunicar que:

O examen de pendentes de Matemáticas previsto para o próximo luns día 16 de marzo queda posposto de forma indefinida. Tamén se pospón a entrega de boletíns de pendentes.

Un saúdo. O Departamento de Matemáticas.

PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO E CICLO SUPERIOR DE FP

Convocadas as probas de acceso aos ciclos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2020

Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020:

  • Grao medio: O prazo de presentación abranguerá os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
  • Grao superior: O prazo de presentación abranguerá os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.

Máis información:

SOLICITUDE DE RESERVA PARA ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición:

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2020 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 29 de febreiro, debe realizarse no centro no que o/a alumno/a está matriculado/a no presente curso.

Máis información aquí.

COMEZO DAS CLASES NA SECUNDARIA DE ADULTOS/AS

O vindeiro luns 10 de febreiro ás 18:30 horas comezarán o módulo II e o módulo IV correspondentes ao segundo cuadrimestre da Educación Secundaria de Adultos (ESA).

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA OS MÓDULOS II E IV DA ESA

Entre o 8 e o vindeiro día 17 de xaneiro permanecerá aberto o prazo de inscrición e matrícula para alumnado de nova incorporación aos módulos II e IV da Educación Secundaria de Adultos.

FELICES FESTAS

A comunidade educativa do IES PEDRO FLORIANI deséxalle un Bo Nadal e próspero Aninovo.

Atentamente,

IES PEDRO FLORIANI

Distribuir contido


by Dr. Radut