Skip to Content

Pagina nueva 1

CONVOCADAS AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2022

London2019

Publicada a Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.

FELICES FESTAS!

CONSELLO MUNICIPAL DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA#GIVING TUESDAY

A rapazada do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia, representada polo grupo Axentes do Cambio, vén de facer unha proposta na que desexan animar ás familias a participar. Trátase de que en Redondela fomentemos o #Giving Tuesday, que este ano sería o 30 de novembro: un día para dar, en contraposición ao consumismo do Black Friday.

A rapazada propón que este ano esas doazóns sexan para os damnificados do volcán de La Palma, e propoñen que fomentemos esas doazóns, a través da canle oficial que para iso ten establecido o Cabido de La Palma.

Achégase carta explicativa, onde se indica o número de conta e o xeito de doar, para que as familias interesadas o poidan facer.

Congratulámonos de ter no noso concello rapaces e rapazas tan solidarios.
PARTICIPACIÓN INFANTIL E ADOLESCENTE
 

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2021 IES PEDRO FLORIANI


LUGAR DE VOTACIÓN

Salón de Actos IES Pedro Floriani


PROCEDEMENTO

Débese seguir o itinerario marcado ata o salón de
actos, en fila de un e mantendo a distancia.

É necesario identificarse co DNI orixinal (Non é
valida a copia)

Deberase levar posta a máscara.

Se disporá de xeles para hixiene de máns.

Unha vez rematada a votación, o alumnado volverá
ordeadamente á aula.

CADA SECTOR DEBERÁ DEPOSITAR A SÚA PAPELETA NA URNA
IDENTIFICADA PARA O SEU COLECTIVO


RELACIÓN DE CANDIDATURAS AOS DISTINTOS SECTORES DA
COMUNIDADE EDUCATIVA




CALENDARIO



19-24 NOVEMBRO


CAMPAÑAS ELECTORAIS
DOS DISTINTOS SECTORES


26 NOVEMBRO

12:30h-13:30h

18:30h-19:30h


 

VOTACIÓN
PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS

(Vótase 1 candidato/a)


26 NOVEMBRO

09:00h-09:50h

09:50h-10:40h

10:40h-11:30h

12:00h-12:50h

12:50h-13:40h

13:40h-14:30h


 

 

 

VOTACIÓNS ALUMNADO

(Vótase 1 candidato/a)


26 NOVEMBRO

11:30h-12:00h


VOTACIÓNS
PROFESORADO

(Vótanse 2 candidatos/as)

VOTACIÓN PAS

(Vótase 1 candidato/a)

 



PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2021_2022

Dende este enlace pódese acceder ás programacións didácticas de tçodolos departamentos para o curso 2021-22.

Dende este enlace podese acceder as adaptacións das anteriores programacións para poder axustalas a nova normativa deste curso

INFORMACIÓN DO PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL FRONTE A COVID

Información COVID-19

                

XUSTIFICACIÓNS POR AUSENCIAS RELACIONADAS CON COVID

Non é xustificable a falta ao centro escolar se estivestes en contacto cun positivo:

  • Se xa estás vacinado coa pauta completa
  • Ou xa pasaches a covid

·      É xustificable a falta ao centro escolar:

  • Se tes síntomas (tes a obriga de chamar ao centro de saúde E INFORMAR AO EQUIPO COVID).
  • Se non estás vacinado e non pasaste o Covid e estiveches en contacto estreito con positivo (a persoa positiva debe dar o teu nome á central de seguimento que se porá en contacto contigo para indicarche as pautas a seguir, e DEBES INFORMAR AO EQUIPO COVID).

Estas xustificacións se farán coa xustificación de pai/nai/titor/a legal.

Non precisan de documento médico.

BOLSAS E AXUDAS PARA O CURSO 2021-2022

A partir de hoxe pódese consultar a información relativa a solicitude de bolsas e axudas para o estudo para o curso 2021-22. A información está dispoñible a través deste enlace no portal de Educación y FP do Goberno de España.

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES CICLOS FORMATIVOS

Toda a información está no portal de FP da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. 

O día 12 de xullo, publicarase no portal:http://edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2021-2022 a listaxe provisional de solicitantes de ciclos formativos.

Prazo de reclamación á listaxe provisional: 12 de xullo, dende ás 09:00 horas, ata o 14 de xullo, ás 13:00 h., a través da aplicación: reclamacións.

Para obter o código persoal de consulta: CPC (introducindo o DOI/DNI e o código da solicitude).

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS/EXCLUÍDAS NO PROCEDEMENTO DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR (vale para material escolar 50.-€)

O día 12 de xullo, pode consultarse no centro, en horario de 09:00 a 13:00 horas, a listaxe de solicitudes admitidas e excluídas na convocatoria de axudas para a adquisición de MATERIAL ESCOLAR.

Prazo de reclamacións: martes 13 e mércores 14 (ata as 13:00 horas)

Toda vez que o centro participa no PROXECTO DE EDUCACIÓN DIXITAL (E-DIXGAL), o alumnado queda excluído da participación no fondo solidario de libros de texto.

EXAMES DE RECUPERACIÓN E PERDA DA AVALIACIÓN CONTINUA DE CICLOS

     Clicade neste enlace para ver o calendario de exames de recuperación ou de perda de avaliación contínua dos diferentes módulos de Ciclos tanto Ciclo Superior de Administración e Finanzas, Ciclos medios de Xestión Administrativa e Instalacións de Telecomunicacións coma Ciclo Básico de electricidade e electrónica.

Distribuir contido


by Dr. Radut