Skip to Content

Pagina nueva 1

RESOLUCIÓN PROVISIONAL ADMITIDOS E EXCLUÍDOS AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

Publicouse a Resolución provisional de axudas para cheque escolar.

O listado de alumnado que foi e non foi admitido está publicado no taboleiro do centro.

A Consellería estableceu dous días para presentar reclamacións.

Os únicos motivos de exclusión nesta listaxe foron os quese relacionan a continuación:

• Motivos de renda (22)

• Non cursar ESO no curso 22 23 (2)

• Non presentar presencialmente o impreso de solicitude asinado. (1)

A listaxe definitiva publicarase o 22 de xullo. As familias poden pasar a recoller o seu vale no centro escolar entre as 10:00h e as 12:00 desde 22 ao 29 de xullo, agás sábado e domingo. Os que non se recollan nestas datas entregaranse en setembro.

POR MOTIVOS DE CONFIDENCIALIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS NON PODEMOS PROPORCIONAR INFORMACIÓN TELEFÓNICA SOBRE AS LISTAXES.

ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL CICLOS

O venres 8 a consellería publicará as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do réxime ordinario, a través da páxina web. https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

Coa publicación das listaxes inícianse os correspondentes períodos de reclamación.

Achégase a información e instrucións para a realización e xestión das reclamacións que este ano, ao igual que se fixo o ano pasado, os solicitantes teñen que realizar utilizando o asistente web obrigatoriamente.

Tamén se achegan as instrucións para acceder ao CPC (código persoal de consulta).

Toda a información está dispoñible na páxina Ciclosadmisión e no portal de FP.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-23

O alumnado da ESO  estudará con libros dixitais e un ordenador do proxecto E-Dixgal.

Os contidos de todas as materias correspondentes á ESO estarán na  plataforma virtual de aprendizaxe. Isto significa que non haberá que mercar  libros. Poderán acceder a esta plataforma desde calquera ordenador con  conexión a Internet e empregando as claves que se lle entregarán na clase.  Tamén pode acceder á plataforma sen ter conexión a Internet, a través do  programa que xa vai instalado no equipo.

 

1º BACHARELATO

LINGUA GALEGA

(común)

Lingua Galega e Literatura I

Autores: Nieto Pazó, Agustín / Troitiño Fraiz, Xosé

Editorial: Anaya

Ano de publicación: 08/06/2022

 

ISBN: 9788414311080

Galego

INGLÉS (común)

Título: Advantage 1º Bach

Editorial:BURLINGTON BOOKS

Ano de publicación: 2017

Libro:

978-9963-273-67-6 Worbook:

978-9963-273-71-3

Inglés

ECONOMÍA

(Humanidades)

Título: Economía

Autores:Andrés Cabrera Bautista

Editorial: SM

Ano publicación: 2022

978-84-112-0217-6

Castelán

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO (Humanidades)

Título: Historia del mundo contemporáneo

Editorial: Vicens Vives

Ano publicación: 2017

978-84-682-8588-7

Castelán

 

2º BACHARELATO- LOMCE

LINGUA E

LITERATURA

GALEGA

Título: Lingua galega e literatura

Autores: Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua López

Editorial: Baía Edicións – Consorcio editorial galego Ano: 2016

978-84-9995-197-3

Galego

INGLÉS

Título: Prospects 2 Student's Book

 2º bach  Editorial: MACMILLAN

978-1380011954

Inglés

XEOGRAFÍA

Título: Geografía

Autor: Ricardo Méndez y otros.

Editorial: SM

Ano publicación: 2011

978-84-675-3482-5

Castelán

HISTORIA DA

ARTE

Título: Historia del Arte

Autor: Triadó Tur y otros

Editorial: Vicens Vives

Ano publicación: 2016

NON OBRIGATORIO

978-84-682-3580-6

Castelán

ECONOMÍA DA

EMPRESA

Título: Economía de la Empresa

Autor: Andrés Cabrera Bautista

Editorial: SM

Ano publicación: 2016

978-84-675-8712-8

Castelán

                                                                                                                                               

 

 SÓ MERCAR OS LIBROS DA MODALIDADE CORRESPONDENTE E OS DAS MATERIAS NAS QUE QUEDE FINALMENTE MATRICULADO.

 

"EXPOFLORIANI", MUDANDO O MUNDO

O pasado mércores 15 de xuño abrimos as nosas portas a toda a comunidade educativa para dar a coñecer os proxectos educativos que o alumnado de 3º da ESO, 4º da ESO e 1º de Bacharelato realizou no presente curso.

“ExpoFloriani” é unha feira de coñecemento que o alumnado constrúe na súa totalidade, dende o deseño e organización dos stands, ata a explicación e atención ás persoas asistentes. Cada un dos proxectos que puido verse no evento abordou unha temática concreta que partiu dunha fonda análise da contorna realizada polo alumnado: a recuperación do monte, a limpeza de ríos e praias, a contribución na mellora de vida das persoas en risco de exclusión social ou das persoas cegas…

A exposición é o resultado da clara aposta do instituto pola renovación pedagóxica e as novas liñas educativas. No IES contamos cun equipo de novas pedagoxías dende hai 5 anos que nos permite que unha parte importante do profesorado estea formado en liñas pedagóxicas e didácticas innovadoras. Así pois situamos ao alumnado no centro do proceso formativo a través dun rol activo que busca desenvolver ao máximo as súas competencias básicas.

No instituto entendemos o centro de ensino como un espazo aberto á comunidade redondelá a través dunha concepción democrática e de calidade do ensino, na que o alumnado é o auténtico protagonista e o profesorado traballa de xeito coordinado e interdisciplinar. O centro basea a súa actuación educativa no desenvolvemento integral do alumnado a través da renovación e a innovación pedagóxica.

Se queres ver como foi “ExpoFloriani” podes premer aquí e visualizar o vídeo, e se che apetece coñecer algo máis sobre os proxectos poder visitar a web de “ExpoFloriani”. Feliz verán a tod@s!!

Formalización Matrícula 1º ESO

AMPLIACIÓN PRAZO MATRÍCULA 1º ESO

Debido a que nalgúns colexios de primaria aínda non remataron os procesos de fín de curso, ampliamos a data de entrega dos impresos de matrícula ata o 30 de xuño.

Para formalizar a matrícula para 1º de ESO, deberá entregar o impreso de matrícula cuberto e a documentación que se indica, na secretaría deste centro.

Recolleremos os impresos dende o 23 ata o 28 de xuño o 30 de xuño de 10:00 a 13:00 h.

Achéganse instrucións e impreso de matrícula

FORMALIZACIÓN MATRICULA CICLOS E BACHARELATO CURSO 2022_23

 MATRÍCULA CICLOS

CICLOS MEDIOS e CICLO SUPERIOR

A solicitude de admisión para primeiros cursos debe facerse vía web, clica neste enlace á paxina oficial onde atoparás toda a información.

Impreso matrícula segundos cursos

CICLOS BÁSICOS

     Resolución do 26 de maio do 2022. Será o Centro de orixe o encargado de recoller e cargar os datos

Enlace á pax oficial da Xunta onde atoparás toda a información

LEMBRAR AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS QUE:

  • O ALUMNADO REPETIDOR TAMÉN DEBE FORMALIZAR A SÚA SOLICITUDE DE MATRÍCULA NO CENTRO NO CASO DE QUE QUEIRA REPETIR O CURSO.
  • O PRAZO REMATA O 6 DE XULLO ÁS 12.30h

------

MATRÍCULA  1º BACHARELATO LOMLOE

     DATAS: do 27 de xuño ao 6 de xullo entre 10:00h e 13:00h, na secretaría do IES.

Achegamos impreso de matrícula para cumprimentar cos datos requiridos, no ficheiro adxunto.

    Pódense tamén recoller os impresos na Conserxería e presentalos na Secretaría do IE

Achegamos tamén táboa de ponderacións abau das materias dos cursos pasados (Lomce).

 

IMPRESOS

     

CALENDARIO EXAMES DE BACHARELATO. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA. Xuño 2022

Os exames da convocatoria extraordinaria faranse o 20, 21, 22 de xuño. A sesión de avaliación será o 23 e ese mesmo día ás 15:00h publicaranse as notas por abalar. As reclamacións o 27 e 28 de xuño.

Clica na imaxe para visualizar ou descargar o horario de exames para 1º e 2º de Bacharelato

CALENDARIO EXAMES FINAIS DE CICLOS. Xuño 2022

Clica na imaxe para visualizar ou descargar o calendario e o horario dos exames finais dos ciclos que temos no noso IES

As sesións de avaliación de todos os grupos serán o día 23 e publicaremos as notas por abalar ese mesmo día ás 15:00h

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO

NOVO PROTOCOLO COVID VERSIÓN MAIO 2022

No documento anexo poden atopar a nova versión do Protocolo Covid.

Distribuir contido


by Dr. Radut