Skip to Content

Pagina nueva 1

RECUPERACIÓN MÓDULOS PENDENTES DE 1º CURSO

O alumnado de 2º curso de CM de Instalacións de Telecomunicación con módulos pendentes de 1º curso ten os exames de recuperación os seguintes días: martes 31 de xaneiro, martes 7 de febreiro, martes 14 de febreiro e martes 21 de febreiro dende as 18:30h ata as 20:30h no Taller 1 do edificio de electrónica.

Solicitudes de ADMISIÓN centros Adscritos Curso 23 24 ESO e Bacharelato

Solicitude de Admisión

Prazo de solicitude: do 1 de marzo ao 20 de marzo

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación (QUE APARECEN NA APLICACIÓN):

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos (GALEGO) (CASTELÁN) , cubrilos e presentalos firmados no centro.

TODO o  alumnado dos centros adscritos que realizou a reserva de praza para comezar o vindeiro curso 23-24

foi admitido.

As listaxes deste alumnado con posto reservado estará publicada no taboleiro do centro dende o 22 de febreiro.

(Artigo 9 e 29 da Orde 21/09/22)

NOS ARCHIVOS ADXUNTOS ACHEGAMOS O DECRETO E A ORDE QUE REGULAN O PROCEDEMENTO

Todo o alumnado deberá formalizar a matrícula nos prazos establecidos.

Acceso á aplicación

CONSELLO ESCOLAR. CANDIDATOS ELIXIDOS/AS NOS DIFERENTES SECTORES

Candidatos Proclamados nas eleccións á renovación do Consello Escolar 2022

a) Profesorado proclamado:  

Paulo Jablonski García 

Raquel Barreira García 

María Jesús Leis Blanco 

Jesús Rouco Pintos 

b) Alumnado proclamado: 

Alejandro Ron Filgueira 

Elisa Rodríguez Vilaboa 

c) Representante das familias proclamada:

Patricia Cabaleiro Lago 

CALENDARIO SESIONS DE AVALIACIÓN

Calendario de avaliacións curso 22 23

(Modificado e aprobado no claustro do 16/01/23 segundo ORDE do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG 5 xaneiro 2023)

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS curso 2022_23

Clicando na imaxe podedes acceder a relación do profesorado do Centro e a hora de atención ás familias de cada un dos profesores no Curso 22_23

FOLLETO INFORMATIVO EDIXGAL CURSO 22 23

PRESENTACIÓNS CURSO 2022 2023

Estimadas familias, 

O equipo directivo e o profesorado do IES Pedro Floriani lles dan a benvida ao novo curso escolar.

Comenzaremos o curso coas presentacións para o alumnado:

ENLACE INFORMACIÓN PRESENTACIÓNS ESO

ENLACE INFORMACIÓN PRESENTACIÓNS BACHARELATO E CICLOS

ALUMNADO ESA

O alumnado de ESA (Educación Secundaria de Adultos) terá o seguinte horario de presentacións:

MÓDULO I : Xoves 8, 18:00h

MÓDULO II : Xoves 8, 19:00h

A xefa de estudos de nocturno recibiráos a entrada do centro.

_____________________________

Remitiremos posteriores comunicacións e información a través desta páxina web, así como dende a App  Abalar.

Feliz Curso 22-23!!

PERÍODO DE MATRICULACIÓN PERSOAS ADULTAS

Estudiar

O período de matriculación de persoas adultas para o curso 2023-24 desenvolverase a partir do día 1 de setembro- 8 setembro en horario de secretaría (9:30 a 13:30 horas).

FORMALIZACIÓN MATRICULA CICLO MEDIO/SUPERIOR

O día 19 de xullo sairá publicada na web ciclos admisión a listaxe das prazas adxudicadas a cada alumno de ciclos (medio e superior).

Aquelas persoas que teñan dúbidas ou dificultades para formalizar a matrícula de xeito telemático na citada páxina web poderán acudir a secretaría do centro para realizala no seguinte horario:

19-21 de xullo, de 09:00 - 13:00

22 de xullo, de 09:00- 12:00

Admisión Formación Profesional 2022-2023 (Renucia ou Matrícula)

Dirección Xeral de Formación Profesional Admisión Formación Profesional 2022-2023

- Réxime ordinario Instrucións do procedemento vía web para:

- Solicitar/reservar matrícula

- Renunciar á praza adxudicada

INSTRUCIÓNS EN FICHEIRO ADXUNTO

Distribuir contido


by Dr. Radut