Skip to Content

Pagina nueva 1

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2022/23 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos na orde que se achega como documento adxunto.

O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído)

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros:

https://www.edu.xunta.es/ fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

FINAL DE CURSO PARA O ALUMNADO DE 2ºBacharelato

O día 18 de maio será a avaliación ordinaria do alumnado de 2ºBach. Publicaremos as notas ás 19:00h

Tendes o día 19 e 20 para posibles reclamacións. Clicando neste enlace accededes a información sobre o procedemento de reclamación.

Se aprobastes todas as materias e queredes facer as ABAU tendes que formalizar a matrícula en prazo ordinario do 19 ao 23 de maio. Podedes consultar toda a información sobre as probas da ABAU 2022 clicando na seguinte imaxe

Sabedes que tendes ao profesorado a vosa disposición en horario normal para que vos oriente, vos axude a preparar os exames e vos resolva dúbidas das probas.

Se suspendestes algunha toca ir a convocatória extraordinaria que será o día 23 de xuño. Lembrade que tendes que vir a clase das materias suspensas en horario normal ata o día 17 de xuño. Os días 20, 21 e 22 serán os exames da convocatoria extraordinaria.

BACHARELATO ARTES PLÁSTICAS, DESEÑO E IMAXE

Estimadas familias,

para toda a comunidade educativa, e especialmente para a tranquilidade das familias que solicitaron praza no noso centro, informamos que xa podemos confirmar que o bacharelato de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño comezará a ser impartido no IES Pedro Floriani o vindeiro curso escolar 22/23.

O IES Pedro Floriani contará, por tanto, con tres liñas de bacharelato.

Un afectuoso saúdo,

A Dirección

BECAS MEC

RECOLLIDA DE ALIMENTOS FLORIANI SOLIDARIO

A semana do 26 ao 29 de abril, por iniciativa de alumnado de 1º de Bacharelato, vaise realizar nos IES Pedro Floriani e IES Illa de San Simón unha recollida de alimentos non perecedeiros que posteriormente se vai entregar a Cáritas. Agradecemos a vosa colaboración.

LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO EN 1º BACH CURSO 2022-23

A listaxe provisional do alumnado admitido para o vindeiro curso 2022/2023, para 1º Bacharelato, pode consultarse dende hoxe no taboleiro de anuncios interior do centro en horario de mañá ou tarde.

As puntuacións detalladas por cada un dos criterios poderán consultarse na Secretaria do centro de 09:00 a 13:00 horas, dende o 26 de abril ata o 02 de maio.

Prazo de reclamación listaxe provisional: Ata o luns 02 de maio de 2022

CONCRECIÓN CURRICULAR e ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022, publicada no DOG do 11 de febreiro, pola que se actualiza a normativa de avaliación en Primaria, ESO e Bacharelato, os Centros educativos de Galicia tivemos que modificar a concreción curricular, as datas de avaliacións, os criterios de promoción e titulación e as programacións didácticas deste curso 2021-2022

Nos seguintes enlaces podedes atopar toda a información que se viu afectada pola ORDE:

CALENDARIO SESIÓNS DE AVALIACIÓNS

CRITERIOS DE PROMOCIÓN, TITULACIÓN e OBTENCIÓN DE MATRICULA DE HONRA

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS

MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR DO CENTRO

CALENDARIO FIN DE CURSO 2021/2022

BOE MASCARILLAS 19 ABRIL

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS CICLOS GRAO SUPERIOR

PRAZO SOLICITUDES ATA 21 ABRIL

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Ter cursado estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2020/21 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ben na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2021.

b) Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50, nos termos establecidos no artigo 50 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Esta cualificación expresarase con dúas cifras decimais, redondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

c) Non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Cultura, Educación e Universidade nos tres anos anteriores a esta convocatoria.

ENLACE Á CONVOCATORIA

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS CICLOS GRAO SUPERIOR
Distribuir contido


by Dr. Radut