blogue deadmin

NORMAS SOBRE O USO DO MÓBIL NO CENTRO

Está totalmente prohibido o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos durante a xornada escolar, períodos lectivos e non lectivos.

Considéranse períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.

De maneira excepcional poderán empregarse como ferramenta pedagóxica sempre previa autorización e supervisión do profesorado.

O IES POLITÉCNICO de VIGO acada a MEDALLA DE PRATA na competición SPAINSKILLs 2024

 

PEDRO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, alumno do CS Programación da produción en fabricación mecánica, acompañado polo seu titor Javier Fondevila Blanco, acada a MEDALLA DE PRATA na competición a Fresado CNC  nas SpainSkills 2024 celebradas no Ifema do 9 ao 13 de abril.

Parabéns ao alumno e o seu titor!!

Parabéns tamén aos alumnos co Curso de Especialización de Robótica Colaborativa Yago Couso Del Río e Nerea Cabaleiro Bastos co seu titor Antonio Ramilo que participaron nas SKILLs de demostración.

 

XORNADA DEMO DE M3MH NO IES POLITÉCNICO DE VIGO

O IES Politécnico de Vigo continúa na innovación tecnolóxica da man das empresas colaboradoras.

O pasado martes 19 de marzo Innovalia Metrology realizou una demo para alumnado e para empresa do software M3MH. Software metrolóxico deseñado para Máquinas Ferramentas.

Resultados ABAU extraordinaria Xullo 2023

Resultados ABAU Ordinaria xuño 2023

Resultados ABAU extraordinaria Xullo 2022

Resultados ABAU Ordinaria xuño 2022

Resultados ABAU Ordinaria xuño 2021

Resultados ABAU extraordinaria Xullo 2021

Resultados Abau Ordinaria xuño 2021

CHARLA TÉCNICA: FLUXO DE INFORMACIÓN, MATERIAIS E CADEA DE SUBMINISTRACIÓN. PLANIFICACIÓN ORIENTADA A DEMANDA

José Manuel Barbeira, da empresa Smartlog, impartiu unha charla/conferencia ao alumnado de adultos de fabricación mecánica sobre a estrutura e tendencias na Programación da Produción en Fabricación Mecánica.

smartlog1

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CURSO 2024-25

Martes día 20 de Febreiro ás 18,30 horas haberá unha xornada de portas abertas para o curso 2024-25

 

 

GRAN XORNADA DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

Xornada Técnica: Escaneo 3D para la industria automotriz y manufacturera.

Impartida por CREAFORM, do grupo AMETEK.

Pola mañán, alumnado dos ciclos formativos e alumnado dos bacharelatos científicos estiveron moi interesados e participativos na exposición sobre a innovación no escaneado 3D con fins industriais.

Pola tarde, importantes empresas do sector industrial nos visitaron para coñecer de primeira man os avances na enxeñería inversa e no control metrolóxico a partir de escaneos 3D. .

 

CREAFORMGALERIA

Enlace a fotos e videos

 

 

O IES POLITÉCNICO de VIGO acada a MEDALLA DE OURO na competición GALICIA SKILLs 2023

O IES POLITÉCNICO de VIGO acada a MEDALLA DE OURO na competición a Fresado CNC de GaliciaSkills 2023, que se celebrou do a 25 ao 27 de outubro no recinto feiral de Silleda.

 

Pedro Rodríguez Rodríguez, alumno do CS Programación da produción en fabricación mecánica, foi o gañador nesta modalidade e estivo acompañado polo seu titor Francisco José Rodríguez Martínez, e apoiado polo profesor experto na competición Javier Fondevila Blanco.

 

 

Pedro Rodríguez representará a Galicia na competición SpainSkills 2024.

 

 

 

 

Cursos gratuitos de capacitación dixital para o público en xeral

Distribuir contido