Intercambio Europeo VIGO-OSNABRÜCK

AcollidaO Instituto Politécnico está inmerso nun Proxecto Europeo “Comenius Regio” para a preparación de intercambio de alumnos do noso centro con alumnos da cidade Alemaña de Osnabrück. Dentro deste proxecto os intercambios de estudantes concretaranse a partires do ano 2012.

 Independentemente da axudas económicas que presentarán estes programas, neste curso xa se vai a levar a cabo un intercambio dunha semana de duración con 25 alumnos do instituto BBS Osnabrück-Haste que están estudando 12.KL. (1° de Bacharelato) de Psicoloxía e Pedagoxía / Saúde  

O intercambio realizarase mediante a formula de acollida entre alumnos. O alumno/a de Vigo acolleu na súa casa a un alumno/a de Osnabrück dende o 2 ao 8 de novembro, e o alumno de Osnabrück acollerá previsiblemente ao alumno de Vigo dende o 14 ao 22 de maio. 

Estes intercambios aínda non están dentro dun Programa Europeo polo que non contan con axudas económicas e polo tanto a duración e as actividades a realizar son moito mais reducidas.

 Nembargante a actividade foi moi intensa todoslos días:

 Martes, 2 de novembro

 17:40     Chegada a Vigo e presentación de familias de acollida

 Mércores, 3 de novembro

 9:00        Visita a Santiago durante todo o día. Acompañados polos alumnos acolledores.

 Xoves, 4 de novembro

 9:00       Visita por Vigo e polos museos da cidade. Os alumnos do Politécnico asistiron  clase.

 16:00     Actividades deportivas en Samil.

 Venres, 5 de novembro

 9:00        Visita a Coruña e os museos científicos durante todo o día. Acompañados polos alumnos acolledores.                                                                 Despedida

 Sábado, 6 de novembro

 10:00     Vista en barco a Cangas

 Domingo, 7 de novembro

 12:00      Partido de futbol Celta-Betis

 Luns, 8 de novembro

 9:00        Despedida