Segue en directo a participación dos nosos alumnos no SpainSkills 2011

Durante estos días, e ata o vindeiro 9 de abril podes seguir en directo as olimpiadas de Formación Profesional SpainSkills que se están a celebrar en Madrid, e onde participan dous alumnos do Ciclo Superior de Programación da Produción do IES Politécnico de Vigo en representación de Galicia nos Skills 06-CNC Torneado e 07-CNC Fresado.

Na seguinte web podes ver as olimpiadas en directo e ademáis poderás ver a entrevista realizada aos nosos competidores de Fresado e Torneado. Poderás atopala na xornada de hoxe martes 5 de abril (Xornada 1) no seguinte enlace:

http://www.bitflow.es/SPAINSKILLS2011/evento.php

Neste enlace poderás ademáis ver o acto de inauguración presidido pola Súa Alteza Real Dna. Leticia Ortiz e máis o Ministro de Educación D. Ángel Gabilondo, así como a explicación de diversas especialidades como a de CNC Fresado realizada polo Xefe de Expertos de Fresado D. Juan Munin, profesor do IMH (Instituto Máquina Herramienta) de Elgoibar (Guipúzcoa).

O vindeiro sábado 9 de abril podes seguir en directo a entrega de medallas e saber se os nosos participantes son campións. Moita sorte!!!