TRABALLO PLÁSTICA

Boas a tod@s!!!!! espero que estedes moi ben. Envíovos un RETO para que fagades estos días. Lembrade o traballo que fixemos da estrela poligonal (cando dividimos a circunferencia en partes iguais partindo do centro chamámoslle simetría radial). A esta unidade que se repite varias veces podemos chamarlle módulo. Pensade nas baldosas dun baño ou cociña, cando son todas iguais. Unha baldosa tamén é un módulo (pode ser cadrada, rectangular...). Propóñovos que creedes un debuxo utilizando a simetría, un módulo xeométrico...Para elo tedes que utilizar elementos cotiás que teñades por casa: obxectos, roupa, xoguetes, fichas, mans, pes, rotuladores, tenedores, comida...o que se vos ocorra. Facede primeiro un boceto do que ides construir e despois construídeo sobre unha superficie plana: mesa, chan...Enviádeme por correo ambas cousas (o boceto e a fotografía da vosa creación). Espero que vos salgan cousas ben orixinais.  Correo:   iespolitecnico.epv@gmail.com

Podedes consultar o seguinte vídeo musical onde tamén usan a simetría radial: https://youtu.be/u1ZB_rGFyeU

Un saúdo e moito ánimo.