TRABALLO PLÁSTICA (CAROLINA)

Ola chic@s!!!!! Envíovos un traballo para facer nos vindeiro días. Tedes que utilizar o debuxo que vos mandei facer antes de irnos e que tamén vos recordei como primerio traballo cando comezou a cuarentena. Lembrades? (copiar unha imaxe que vos guste onde aia luces e sombras-revisade o primeiro traballo enviado). Continuando co traballo de luces e sombras que fixemos nos módulos (graduando intensidades e utilizando diferentes tonos) ides a colorear a vosa imaxe utilizando soamente unha cor (escala monocromática): tedes que usar diferentes tonos dunha mesma cor, máis claros e máis escuros seguindo o modelo que copiáchedes (no modelo que copiades ten que haber zonas máis claras e zonas máis escuras). Podedes usar a técnica que queirades: ceras, cores, rotus, acuarelas...se alguén non dispón de pinturas podedes usar o que queirades: bolígrafo máis e menos intenso, collage con papeis de cores, de revistas... Tedes que enviarme a foto orixinal e a foto do traballo ao correo:   iespolitecnico.epv@gmail.com

Envío unha imaxe para que vos sirva de exemplo.

Un saúdo e moito ánimo.

AdxuntoTamaño
11-gama-monocromatica-2.jpg55.7 KB