Que pode facer vostede para axudar durante a pandemia?

ARTIGO

 

 Este artigo vai dirigido á poboación adulta, tanto profesorado, alumnado e familias da nosa comunidade educativa.

Dende o departamento de orientación queremos convidar a reflexionar sobre cuestións que favorezan a convivencia, de entre as que destacamos as condutas prosociais e de axuda no centro educativo e nos demais ámbitos da vida. 

 Elixin este artigo de Antonio Blanco Prieto, profesor da Universidade de Oviedo, coa intención de ofrecer pautas de axuda que poidamos exercer todos e todas, sen necesidade de estar na “ primeira liña” como ocorre co persoal sanitario.

 Antonio Blanco cita neste artigo o psicólogo Howard Gardner, que afirmaba 

que podemos achegar poderosos modelos que conviden a outros seres humanos a actuar dunha maneira cada vez máis responsable”. Unha cuestión presente, se consideramos o liderado social, sen necesidade de tirar grandes foguetes, simplemente comprendendo o impacto do comportamento no noso pequeno mundo.

 Cita tamén o artigo a Javier Gomá , filósofo que recuperou o concepto de exemplaridade, quen explica que vivimos, nos movemos e existimos entre exemplos, sendo, tamén, nós exemplos para os demáis. 

Todos somos responsables 

  Aquí, afirma Antonio Blanco, “atópase a responsabilidade de calquera persoa ante a crise, tanto dos que están na primeira liña, como daqueles que senten baleiro pola ausencia de actividade prosocial. Uns e outros deben ser conscientes do valor das súas condutas, do seu exemplo.

O simple cumprimento das recomendacións da saúde pública supón un primeiro exercicio de exemplaridade.

Esta responsabilidade obríganos a un claro imperativo categórico: “obra de tal maneira que os efectos da túa acción sexan compatibles coa permanencia dunha vida humana auténtica sobre a Terra”.

Convídovos a ler este artigo e descubrir tódalas condutas e comportamentos que merecen os nosos aplausos e que facemos tódolos días na nosa cotiandade.

 

Departamento de orientación 

IES Politécnico de Vigo

 

¿Qué puede hacer usted para ayudar durante la pandemia?

 https://theconversation.com/que-puede-hacer-usted-para-ayudar-durante-la-pand

AdxuntoTamaño
artigo.JPG57.67 KB