PROGRAMAS ERASMUS + "CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA - CICLOS MEDIOS E SUPERIORES FP

Dentro dos PROGRAMAS ERASMUS+ que temos para o noso Instituto, abrimos unha nova convocatoria do programa CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA. Calquera profesor que imparta docencia nun CICLO SUPERIOR O MEDIO  DE FP   pode convidar a un TÉCNICO/A ou ESPECIALISTA dunha empresa ou institución doutro pais (paises da Unión Europea e algúns outros), para impartir unhas charlas ou experiencias sobre o que traballa ou é experto. O prazo quedará aberto ata o venres 7 de maio de 2021, ás 24:00 h.

Cada departamento conta inicialmente cunha BOLSA para poder convidar a un especialista dunha empresa a dar charlas no centro mantendo os obxetivos do programa: mellorar a formación do alumnado e/ou docentes.

As mobilidades dos convidados podes facerse antes de rematar o curso, antes de rematar o ano 2021, ou antes d0 30 de maio de 2022.

Poden tramitarse 'on line' na web de ERASMUS+ do IES POLITECNICO DE VIGO. O enlace é o seguinte: 'CONVIDA UN EXPERTO'
<https://erasmuspolitecnico.wixsite.com/erasmuspolitecnico/acerca-de-2>.