ENSINANZAS ARTISTICAS SUPERIORES. MESTRE MATEO

Dende a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela queremos informarvos de que xa foron publicadas as ordes de acceso aos estudos artísticos tanto profesionais como superiores.

As ligazóns con toda a información relativa ao acceso podedes atopala na nosa páxina web:

 

Para máis información sobre a formación impartida no noso centro, invitámosvos a visitar a xornada informativa que celebramos o pasado martes 11, que temos subida ao noso youtube aquí: XORNADA INFORMATIVA

Para quen teña curiosidade sobre algún estudo concreto, tedes na descripción do vídeo ligazóns a cada unha das partes separadas por especialidades.

Pregámosvos que lles fagades chegar este correo a todo o profesorado e persoal de orientación ou alumnado que consideredes poida ter interese nesta información.

Lembrámosvos as ensinanzas impartidas na nosa Escola.

Ensinanzas de Primeiro Ciclo - Nivel 2 do Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior (MECES) (nivel grao) - EQF 6:

- Ensinanzas artísticas superiores en Deseño de Moda (único centro oficial de Galicia que oferta esta especialidade)
- Ensinanzas artísticas superiores en Deseño de Produto (unico centro oficial de Galicia que oferta esta especialidade)

 Ensinanzas de Ciclo Curto - Nivel 1 do MECES (técnico superior) - EQF 5:

- Ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño en Técnicas Escultóricas
- Ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño en  Fotografía
- Ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño en Xoiaría Artística