Un proxecto do IES Politécnico de Vigo entre os máis innovadores do país

O proxecto no que participa o IES Politécnico de Vigo foi seleccionado na Convocatoria de Axudas Dualiza de CaixaBank Dualiza e a Asociación de Centros de Formación Profesional FPEmpresa como un dos trinta máis innovadores a nivel nacional.  O proxecto denomínase FPNaranja, e a profesora Mónica Rodríguez Nieto é participante nel de xeito colaborativo con  tres profesores máis de centros educativos de Castela A Mancha, Madrid, e Canarias. 
FPNaranja busca traballar a xestión emocional, dotando ao alumnado das ferramentas necesarias para afrontar os retos que terán no mundo académico e laboral.
Podedes seguirnos nas redes, somos @fpnaranja