LTTA1 Meeting of the ARVETI 4.0 ERASMUS+KA2 Project

A semana do 8 o 14 de maio, os profesores do IES Politécnico de Vigo, Miguel A. López e Teresa Prado, acompañados de 5 alumnos do centro, estiveron na vila de Hüde cerca do lago Dummer (Alemaña) continuando co proxecto ERASMUS+KA2 2021: ARVETI 4.0.

grupo en krone

 

Este proxecto versa sobre a “Realidade Virtual e Aumentada no ámbito da industria 4.0”. Tratase dun proxecto internacional no que colaboran os centros BBS de Osnabrück (Alemaña), RocFreisePoortSneek (Países Baixos), Vocational College Tredu di Tampere (Finlandia), ISIS Cittá di Luino - C. Volonté (Italia) e o IES Politécnico de Vigo.

A xuntanza celebrada LTTA1 (Learning, Teaching and Training Activities) forma parte do proxecto e tratase dunha mobilidade na que se desprazaron 5 alumnos do IES Politécnico de Vigo, tanto do Curso de Especialización en Fabricación Intelixente como do Ciclo Superior de Automatización e Robótica Industrial. Estes alumnos estiveron toda a semana compartindo a experiencia xunto con alumnado dos outros centros colaboradores sendo un total duns 40 alumnos máis os profesores que os acompañaban.

Nesta ocasión desenvolvéronse uns talleres sobre realidade virtual, aumentada e mixta, na que os alumnos compartiron e aprenderon entre eles as diferentes actividades sobre a temática que levaron preparadas. Estes talleres desenvolvéronse nas instalacións da empresa Krone na que tamén se levou a cabo unha visita guiada. Temos que agradecer a compañía que nos cedera as instalacións para levar a cabo os talleres. Dita empresa dedicase a fabricación de maquinaria agrícola e de remolques de camión.

hololens

Tamén estivemos visitando a empresa Amazone que fabrica maquinaría agrícola e que esta a empregar tecnoloxía de realidade virtual para a formación dos empregados e dos futuros clientes desta maquinaria cada vez máis complexa de manexar e de manter.

 oculus quest

Nas seguintes ligazóns pódense consultar un artigo do Atlántico Diario facendo eco da noticia.

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/alumnos-vigo-aprenden-realidad-aumentada-alemania/20220513224625912863.html