Visita á Exposición Vigo No Tempo (2º BACH A)

 Exposición Vigo No Tempo (Sala "Pedras sobre o mar")

 

Nunh actividade organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega, o pasado venres 15 de decembro, o alumnado do grupo de 2º BACH A realizou unha visita á exposición Vigo No Tempo, que se pode presenciar estas datas na Sede da Fundación Abanca, en Policarpo Sanz. Durante a xornada, o alumnado puido coñecer a historia da cidade a través de fotografías, cadros e diferentes obxectos relacionados co pasado vigués. Desde a época romana, pasando pola medieval, ata chegar ao século XX e os cambios que se produciron durante o mesmo. Ademais, tamén tiveron a oportunidade de recibir un obradoiro sobres enerxías renovables e sustentables, durante o que tiveron que realizar unha práctica moi divertida. 

Por outra parte, aproveitando o percorrido a pé desde o instituto, fixemos unha parada no mesmo paseo de Afonso diante da oliveira, para achegarnos á casa de Manuel Antonio, poeta vangardista que acaban de estudar na 1ª avaliación; onde falamos un pouco da súa relación con Vigo e mesmo recitamos algúns versos.

En adxuntos podedes ver máis fotos da xornada.

 

 

AdxuntoTamaño
IMG_20231215_120347.jpg846.61 KB
IMG_20231215_121042.jpg278.65 KB
IMG_20231215_122720.jpg375.1 KB
IMG_20231215_124133.jpg168.69 KB
IMG_20231215_124401.jpg157.47 KB
IMG_20231215_130010.jpg211.53 KB
IMG_20231215_130740.jpg312.66 KB
IMG_20231215_134716.jpg138.58 KB
IMG_20231215_135509.jpg208.99 KB