Chega "Samaín Encantado (2ª parte)", outro programa de Onda Candeira

Xa está no ar "Samaín Encantado (2ª parte)", o novo programa de Onda Candeira. Desta volta, o alumnado de 1º ESO A conduce e dirixe un programa ben cargadiño de contos misteriosos realizados por eles e elas mesmas nas aulas de Lingua galega, moitos deles situados na noite de Samaín. Non perdades este episodio no que poderedes descubrir historias arrepiantes sobre vampiros, lobishomes, serpes, homes de negro, motoristas encantados e mesmo bonecas asasinas...

E xa sabedes, non deixedes de escoitar Onda Candeira!