Día da Ilustración 2024 no IES Politécnico

 

Co gallo do Día da Ilustración 2024 celebrado o pasado 30 de xaneiro, o alumnado de Bacharelato de Artes do IES Politécnico realizou unha serie de traballos voluntarios que formaron parte da Exposición que acubillou o recibidor do Centro nos pasados 15 días.

Neste espazo, parte do alumnado de 1º BACH B realizou algunhas reinterpretacións de diferentes traballos do homenaxeado deste ano, Chichi Campos, co obxectivo de poner en valor a súa obra. Por outro lado, e debido a que este Día da Ilustración se celebra coincidindo coa data de nacemento de Castelao, alumnado de 2º BACH A realizou una reinterpretación dalgunha das súas obras. Ademais, aproveitado a xornada, o curso de 1º BACH C realizou un traballo de reinterpretación de obras de diferentes ilustradores e ilustradoras galegas; tanto clásicas como actuais, moitos deles e moitas delas integrantes hoxe en día da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. Neste excepcional traballo puidemos atopar, por una parte, reinterpretacións de autorxs clásicxs, como Laxeiro, María Antonia Dans, Lolita Díaz Baliño ou Antón Pulido; ou tamén ilustradoras novas como Abi Castillo, Vanessa Álvarez ou Andrea Jano.

 

AdxuntoTamaño
IMG_20240130_185557.jpg869.72 KB
IMG_20240130_185541.jpg367.89 KB
IMG_20240130_185611.jpg539.6 KB