Chega Viva o Entroido! (2ª parte)

Xa está no ar un novo programa de Onda Candeira, a emisora do IES Politécnico. Nesta ocasión, alumnado do agrupamento de 1º ESO A+B conduce Viva o Entroido!(2ª parte), un novo episodio no que recuncarán algunhas das diferentes máscaras do Entroido galego. Abride ben as orellas e descubriredes personaxes coma os Peliqueiros de Laza, os Anxeos de Parada ou os Boteiros de Viana do Bolo...

Xa podedes escoitar este episodio en: https://www.ivoox.com/viva-o-entroido-2-parte-9-2-2024-audios-mp3_rf_124047711_1.html

Ademais, con este programa queremos conmemorar tamén o vindeiro Día Mundial da Radio, que se celebra o día 13 de febreiro de 2024; e mandar un saúdo aos nosos amigos e ás nosas amigas de Ponte nas Ondas, o proxecto educativo radiofónico que une Galiza e Portugal. 

Así que xa sabedes, gozade do Entroido e das súas máscaras!! 

E non deixedes de escoitar Onda Candeira!