Rosalía na Candeira (23/2/24)

Na xornada de hoxe, 23/2/24 Día de Rosalía de Castro, alumnado do IES Poliécnico recitou algúns dos seus versos na nosa radio, en Onda Candeira. Neste novo programa titulado "Rosalía na Candeira"o alumnado do Agrupamento de Lingua Galega de 1º ESO A+B conmemora este día cun fermoso traballo radiofónico, onde poderedes escoitar diferentes recitados da nosa poeta nai realizados por eles e elas mesmas. Ademais, tamén nos traen moita música relacionada con esta xornada.

Non perdades este novo episodio!!

E xa sabedes, sintonizade Onda Candeira! A radio do IES Politécnico!