Expo Mulleres Valentes - 8 de marzo 2024 no IES Politécnico

Para este 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, parte do alumnado do IES Politécnico participou nunha exposición fotográfica titulada "Mulleres Valentes". Neste fermoso traballo, que estará localizado na Entrada do noso IES durante estas semanas, poderemos ver as fotografías das mulleres máis importantes das súas vidas; acompañadas por cadanseu texto explicativo.

Ademais, para este traballo, parte deste alumnado enviou tamén un audio explicativo da súa fotografía, que aproveitamos para montar un pequeno vídeo-resumo do traballo realizado, e comemorar dalgunha maneira esta reivindicativa xornada.

Con esta actividade, desde o Departamento de Lingua Galega, o Equipo de Igualdade e o Equipo de Dinamización Lingüística sumámonos á loita feminista desta xornada, desexando que rematen dunha vez as violencias cara ás mulleres e que se consiga dunha vez por todas a tan arelada igualdade.

En adxuntos podedes ver o vídeo, no que escoitaredes historias marabillosas sobre mulleres aínda máis marabillosas. Non o perdades!

Viva a revolución feminista! Viva o 8 de marzo!

AdxuntoTamaño
8M - Mulleres Valentes.mp472.81 MB