O Dígocho Eu! no IES Politécnico

 

O pasado 6 de marzo, o equipo do Dígocho Eu! da TVG, con Esther Estévez á fronte, desprazouse ata o noso centro para a gravación dun vídeo sobre algunhas palabras do galego da comarca de Vigo; e para a realización dunha charla posterior no Salón de Actos, na que Esther contou cousas moi interesantes sobre a creación do programa, anécdotas sobre os vídeos ou do seu día a día... A gravación do antedito vídeo enmárcase dentro dos Premios Dígocho Eu!, aos que o IES Politécnico chegou como finalista este curso 2023-2024 xunto ao outros 11 centros de toda Galicia, de entre máis de 100 propostas enviadas a concurso. No vídeo en cuestión participou alumnado do grupo de 3º ESO A, integrante no Equipo de Dinamización Lingúística do Centro.

Deixamos por aquí o vídeo publicado nas redes do Dígocho Eu!. 

Instagram: https://www.instagram.com/p/C5A7vuqvIuT/

Facebook: https://www.facebook.com/digochoeu.tvg/videos/1813534415796734/

TikTok: https://www.tiktok.com/@digochoeu/video/7350989598257892640

Deixámosvos en adxuntos algunhas fotos e vídeos sobre esta xornada de gravación.

E xa sabedes, non sexades chaiñas e falade galego! Dígocho Eu!

AdxuntoTamaño
IMG_20240306_122138.jpg1.57 MB
IMG_20240306_122320.jpg1.05 MB
IMG_20240306_122414.jpg1.56 MB
IMG_20240306_122713.jpg870.99 KB
IMG_20240306_123533.jpg981.21 KB
IMG_20240306_123737.jpg1.46 MB
IMG_20240306_124341.jpg426.11 KB
IMG_20240306_124720.jpg398.24 KB
IMG_20240306_125431.jpg1.38 MB
IMG_20240306_131011.jpg1.06 MB
IMG_20240306_134355.jpg686.51 KB
VID_20240306_122227.mp46.59 MB
VID_20240306_124735.mp46.28 MB