Meniña Candeira (21/3/24). Homenaxe a Rosalía de Castro

Neste novo programa de Onda Candeira publicado no Día da Poesía 2024, o alumnado do IES Politécnico homenaxea a nosa poeta nai, Rosalía de Castro, cun episodio no que se combina música e poesía rosaliana. Dirixido por alumnado de 2º BACH A, este programa contará coa participación de alumnado moi variado e diverso, pertencente aos grupos de 1º ESO A e B, de 4º ESO B, de 1º BACH B, C, E e F; e de 2º BACH A. Ademais, neste programa contaremos coa colaboración especial da profesora Iseo, interpretando o poema Castellanos de Castilla.


Non perdades este programa! Viva Rosalía! Viva a Poesía!

Escoitar en Ivoox: https://www.ivoox.com/menina-candeira-21-3-24-homenaxe-a-rosalia-castro-audios-mp3_rf_126346204_1.html