Estadía en Polonia.

Técnico en Procesos de Conformado de Plásticos no Mercado Laboral Europeo.

Calcar en leer máis para ver o artigo completo.

Entre os días 7 de abril e o 20 de abril de 2013 un grupo de 15 alumnos do C.M. de Mecanizado realizaron unha estadía formativa ao centro Zespol Szkol Mechaniczno-Elektrycznych situado na cidade de Sosnowiec en Polonia.

Esta actividad foi desenvlvida ao amparo do programa europeo Leonardo Da Vinci permitindo aos alumnos poder realizar un completo curso nas instalacións da escola de acollida acerca de procesos de inxeción de plásticos  e unha semana de prácticas reais nunha empresa polaca (PROMET). 

Con estas dúas actividades os alumnos adquiriron novas capacidades e cualificacións neste interensante sector de actividade e ademáis tiveron a oportunidade de poder integrarse como parte da plantilla dunha empresa polaca, coñecer o seu estilo de vida, a súa historia, forma de relacionarse e facer novos amigos. 

A experiencia foi moi enriquecedora en moitos aspectos: permitiu darlle confianza aos participantes a hora de enfrentarse en entornos diferentes en canto a idoma, costumes, horarios, gastronomia, cultura, ocio, relacións sociais ...   A maior parte dos participantes a súa volta veñen especialmente motivados en canto a tratar de mellorar a sua capacidade lingüística no idioma inglés; constataron que son capaces de comunicarse coa gran maioria da xente da súa xeración.

Durante o tempo libre tivemos a oportunidade de visitar diferentes lugares historicos como o campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau.


Visitamos a historica cidade de Cracovia. Esta  cidade foi  tradicionalmente  un dos centros económicos, científicos, culturais e artísticos do país. Durante gran parte da historia polaca foi a capital do país. Por iso, todavía é o corazón de Polonia para moitos polacos.

Tivemos a oportunidade de desplazarnos a Galicia polaca.  En Polonia existe unha rexión chamada Galitzia que está situada no extremo sureste do pais. Este territorio por causas das reparticións posteriores a segunda guerra mundial foi dividido entre Polonia e Ucrania.  Podemos constatar da gran similitude coas nosas paisaxes. En concreto visitamos a cidade de Zakopane e subimos os montes Tatra; montes que marcan a fronteira coa Republica Eslovaca.