FCT en Polonia. Empresa SN PROMET. Alumnos CM Mecanizado

Os alumnos do CM de Mecanizado durante a sua estadía na cidade polaca de Sosnowiec tiveron a oportunidade de simultanear a formación recibida no campo dos procesos de inxección e conformado de plásticos,  con unha semana de prácticas na empresa polaca SN PROMET.

Calcar en leer máis para ver o artigo completo cos videos.

SN PROMET é unha das principais fabricantes de compoñentes eletrotécnicos en Polonia. Ofrece unha ampla gama de produtos como pulsadores, caixas de control, elementos de sinalización, micro-switches e switches fin de carreira. PROMET amplía a súa oferta de variedade de forma sistemática. Recentemente, a empresa lanzou algunhas novas liñas de produtos: Lámpadas universais de sinalización,-LEDs indicadores, interruptores de alarma e electrónica switch-comeza para lámpadas fluorescentes.

A empresa desenvolve todo o ciclo do producto comenzado pola area deseño, fabricación dos compoñentes plásticos, compoñentes metálicos (obtidos por conformado e/ou mecanizado), deseño e construcción de moldes de inxeción e estampación. Ensamblaxe de compoñentes e  fabricación de embalaxes.

Unha característica diferenciadora desta empresa e gran parte da sua plantilla está constituida por personal con diversos tipos de minusvalias (cegos, xordos, ....)

Os alumnos durante a sua estancia na empresa tiveron a oportunidade de integrarse xunto co resto dos traballadores no día a día do traballo normal na empresa. O trato dispensado polo personal da empresa foi exquisito.

CAMBIO DUN MOLDE DE INXECIÓN DE PLÁSTICOS

MONTAXE DUN MOLDE DE INXECIÓN DE PLASTICOS

Todos os que participamos nas actividades quedamos moi agradecidos e moi satisfeitos coa empresa. En nome de todos: Moitas grazas.