Magosto (ESO)

13/11/2015 11:30
13/11/2015 12:50
Europe/Madrid

Celebración do Magosto con castañas asadas, doces e xogos populares.

Lugar: Patio do IES

Hora: 11h30

Alumando participante:

ESO e 2º FP Básica

 

Aviso para as familias:

  1. Cada rapaza ou rapaz traerá arredor de 15 castañas
  2. Cada castaña deberá estar amosegada, é dicir, debedes darlle un pequeno corte á mesma para evitar que estoupe ao asala.
  3. A data límite para traelas será o xoves 12.
  4. Os rapaces e rapazas poden deixalas na conserxaría.

HABERÁ DOCES E PRODUTOS Á VENDA ELABORADOS POLO ALUMNADO DE 4º DA ESO E REPOSTERÍA TÍPICA PORTUGUESA ELABORADA POLO ALUMNADO DE PORTUGUÉS PARA FINANCIAREN AS SÚAS EXCURSIÓNS.

   

Polo San Martiño, trompos ao camiño!