Entrega dos premios 1º Concurso Fotográfico "Ningunha máis"

O pasado 25 de Novembro fíxose entrega dos diplomas de participación ao alumnado participante no Concurso fotográfico "Ningunha máis" convocado polo IES Politécnico de Vigo. 

Queremos parabenizar a todas e todos os autores das obras presentadas e en particular a:

- Noelia Fernández González, Mención de honra pola obra "Son quen, son forte, son invencible, son muller"

Paula Pereira GonzálezGañadora do primeiro premio pola obra "Coas mans atadas".

 

Parabéns a todas e todos e animámosvos a virdes ao centro e admirar a exposición fotográfica que estará na entrada até o vindeiro 18 de decembro.