Participación no congreso de Innovación na FP. Santiago de Compostela 24-25 febrero 2016

 

A Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá os vindeiros 24 e 25 de febreiro de 2016 o Congreso de Innovación na Formación Profesional Innova FP Galicia organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

 

Este evento pretende facer visible ante a sociedade a potencialidade dos centros de formación profesional e a importante actividade innovadora, tanto didáctica como tecnolóxica, que se xera a través do profesorado e o alumnado destes centros,  así como a importancia de impulsar as colaboracións co entorno produtivo.

 

O IES Politécnico de Vigo participa neste congreso presentando os resultados acadados no proxecto gañador nos Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria 2015. O proxecto desenvolvido  leva por título:

 

"DESENVOLVEMENTO DUNHA NOVA TÉCNICA DE FABRICACIÓN ADITIVA DE BAIXO COSTE MEDIANTE A COMBINACIÓN DAS TECNOLOXIAS DE IMPRESIÓN 3D E DA SOLDADURA CMT PARA A OBTENCIÓN DE ELEMENTOS METÁLICOS RESISTENTES".

 

O grupo de traballo do premio gañador esta composto por profesores do Departamento de Fabricación Mecánica (Coordinador: María Jesús Barrio Turiel. Ovidio Abella López, Francisco José Rodriguez Martinez, Maria Teresa Prado Cerqueira, Javier Fondevila Blanco, José Luis Prado Cerqueira).

 

 

Neste proxecto, no que o IES Politécnico de Vigo actúa como coordinador, participan ademáis profesores do Area de Procesos de Fabricación da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo (Jose Luis Dieguez, Alejandro Pereira)  e a empresa Viguesa Utillajes y Calderería S.A. (Marcos Penavella, Antonio Bacelos).