Lembrámoslles que o vindeiro luns 20 de maio é día non lectivo no noso centro.
As actividades lectivas retomaranse o martes 21 de maio.
Lembrámoslles que o vindeiro luns 20 de maio é día non lectivo no noso centro.
As actividades lectivas retomaranse o martes 21 de maio.
O procedemento para formular reclamacións ás cualificacións finais de 2º Bacharelato no curso 23_24 vén establecido pola Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de acordo cos artigos 39 a 43 da Orde do 26 de maio de 2023, que
desenvolve o Decreto de ordenación e currículo do Bacharelato.
Nos documentos adxuntos pódense consultar os trámites a desenvolver e os prazos, tanto para a convocatoria ordinaria como extraordinaria. Xúntase tamén modelo de reclamación en formato PDF. O impreso está dispoñible na secretaría do centro.
Dende o pasado 30 de abril, e ata o 13 de setembro de 2024, está aberto o prazo para solicitar as axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).
A información está dispoñible no portal de bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
A solicitude farase de modo telemático, no seguinte enlace: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109
Pódese consultar a convocatoria, así como un extracto da mesma, nos arquivos adxuntos.
LEMBRADE QUE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS BOLSAS REMATA O 10 DE MAIO DE 2024 ÁS 15:00 H, HORA PENINSULAR!
Para solicitar a bolsa, é preciso entrar na sede electrónica: https://sede.educacion.gob.es.
Dende a sede electrónica, pódese acceder á solicitude da bolsa con Cl@ve ou certificado electrónico, e, se non se dispón deles, é preciso rexistrarse antes para poder acceder. No rexistro, crearemos un usuario e un contrasinal que xa nos permitirán continuar coa tramitación.
Menú base e dietas especiais do comedor correspondentes ao mes de maio de 2024. (Para velo abrir o adxunto)
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |