Skip to Content

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA: ENCONTROS DE CLUBS DE LECTURA

13/04/2018

O alumnado dos clubs de lectura (de 1º de ESO ata 1º de Bacharelato) asistirá ao Encontro de Clubs de Lectura do XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. 

Este ano leva por título Mulleres de conto. Réndese homenaxe ás mulleres do mundo da literatura infantil e xuvenil (personaxes, autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias…). México será o país convidado.

Programa da xornada:

  • Hora de saída do centro: ás 9:00h 
  • Regreso: aproximadamente ás 18:30h, deixaremos o alumnado nas paradas da estrada principal, sempre e cando haxa algún adulto agardando. De non ser así, a recollida deberá realizarse no centro. 
  • Nas instalacións do Salón do Libro: concerto, encontro con escritores e escritoras, visita a unha exposición temática sobre México, dinámicas arredor da lectura e da creación literaria. Comeremos xuntos nun pícnic no parque da Illa das Esculturas. Aínda que haberá unha “Cantina”, preferimos que o noso alumnado leve da casa a comida, para axilizar. 
  • en caso de termos tempo, visitaremos as instalacións do Pazo da Cultura arredor do Salón do Libro ou a exposición de ilustración mexicana Pintacontos. 
  • Acompañarán o alumnado dúas das profesoras que coordinan os clubs de lectura.


event | by Dr. Radut