Skip to Content

Educación Física

ESTRATEXIAS PARA AFRONTAR SITUACIÓNS DE DESIGUALDADE FÍSICA

04/12/2023 22:03

Dentro das actividades propostas polo Concello para a conmemoración do 25 de Novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato recibiu unhas clases para aprender estratexias para afrontar situacións de desigualdade física. Estas clases foron impartidas por Israel e Clara da escola de boxeo "EL CANARIO"de Ribeira entre o 29 de novembro e o 1 de decembro.

Para ver máis, pulsar AQUÍ

PROBAS DE CAMPO A TRAVÉS

04/12/2019

O día de onte tivo lugar en Noia as probas de campo a través dentro do programa XOGADE. Os alumnos de 2ºESO competiron ao longo da mañá con outras nenas e nenos da comarca, polo que o 16º posto de Kevin Dean ben merece unha felicitación. Pasaron á seguinte fase un grupo de cadete feminino e outro masculino. Felicitamos aos rapaces polo seu bo comportamento e actitude na carreira.

EN EDUCACIÓN FÍSICA TRABALLANDO A ALIMENTACIÓN

21/06/2019

O alumnado de Educación Física de 4º de ESO traballou a alimentación neste trimestre. Canto azucre consumimos en alimentos que tomamos habitualmente? Cales son esas "falsas verdades" arredor da nutrición, das dietas...

Nada mellor que ver fisicamente a cantidade de azucre que nos metemos no corpo cada día para reaccionar! Ben interesante!

 

A CRUZ VERMELLA IMPARTE UN CURSO DE PRIMEIROS AXUILIOS PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO

16/05/2019

Onte, xoves, a Cruz Vermella de Noia impartiu un curso de primeiros auxilios (RCP e Maniobra de Heimlich) ao alumnado de 4º de ESO. Trouxeron maniquíes para practicar as maniobras básicas de RCP, continuando a formación teórico -práctica vista na materia.

VÍDEO TÉCNICO DA RUTA DA AUGA

14/05/2019

Cales son as características técnicas da Ruta da Auga? Cales os puntos de interese? Do departamento de Educación Física achéganos este vídeo onde se recolle esta información. Preparad@s para camiñar?!!!  Calzado cómodo. Saímos do centro e rematamos en Cans!

Convertemos o noso entorno na mellor aula!

  

Roteiro da auga. 1º ESO from SonCine on Vimeo.

EXCURSIÓN A PENA AVENTURA

06/05/2019

A semana pasada o alumnado de 3º de ESO viviu dous días de aventura no medio natural, actividade física e convivencia en Pena Aventura Park. Explorar a natureza, relaxarse e divertirse... e, ao tempo, practicar o portugués. A actividade foi organizada polo departamento de Educación Física. Non hai máis que ver esta foto para ver que ben o pasaron!!

 

 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN, ACEA DA MA. XOGADE

24/04/2019

Excelentes resultados dos alumnos do IES  de Porto do Son no Campionato Provincial Escolar de Carreiras de Orientación celebrado o 9 de abril no Parque Deportivo de Acea de Ama (Culleredo), obtendo Elio Serantes e Nerea Oujo un 2ª posto na categoría cadete masculino e feminina respectivamente. Sete alumnos máis clasificáronse para o Campionato Galego que se celebrará o próximo 4 de maio en Orense. Como vedes na foto, destacada participación feminina! No fondo da imaxe, Eloi! PARABÉNS!!! 

 

 

CAMPIONATO INTERZONAL DE ORIENTACIÓN, XOGADE

22/03/2019

Imos ao Campionato provincial! Así de ben o fixeron os mozos e mozas que onte participaron no Campionato Interzonal de Orientación en Boiro, dentro do programa XOGADE. 1º Posto infantil, Silvia Pego, 2º infantil masculino, Alejandro Torres, 1º posto cadete feminino, Nerea Oujo e Eloi, 2º cadete masculino! Terceiros por institutos! FANTÁSTICA COMPETICIÓN! PARABÉNS!!!!

 

 

 

ÉXITO NO 1º CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

26/02/2019

Excelente participación dos nosos rapaces e rapazas no 1º Campionato Provincial de Campo a  Través para centros educativos celebrado no Estadio Municipal de fútbol de Noia, á que chegaron tras a clasificación na fase intercomarcal celebrada no Loreto

Os resultados obtidos foron fantásticos! Primeiros por equipos en categoría masculina cadete e cun destacado segundo posto na clasificación individual de Alejandro Vázquez Calo. As rapazas, terceiras por equipos na categoría cadete. 

Parabéns!!!

   

A VIAXE Á NEVE! ANDAMOS POR ANDORRA!

12/02/2019

Van chegando as primerias imaxes da excursión a Andorra organizada polo departamento de Educación Física. Bo tempo, xenial as pistas, aprendendo e disfrutando!

Distribuir contido


by Dr. Radut