8M - Día Internacional da Muller

A loita pola erradicación das desigualdades de xénero está presente no noso IES todos e cada un dos días que o centro abre as súas portas.

E como non podía ser doutro xeito, este 8 de Marzo volvemos a visibilizar a nosa aposta por unha sociedade mási xusta e igualitaria. 

Durante todo este mes están tendo lugar distintas accións reivindicativas organizadas por alumnado de distintos grupos, e de modo especial polo alumnado e profesorado do Equipo de Igualdade "Rochas Violetas".

 Deixámosvos aquí algunhas das fotos do PhotoCall posterior ó acto de lectura do manifesto deste ano.

         

Campaña #AquíTaménSeFalaGalego

   O IES Primeiro de Marzo atópase adherido á campaña #AquíTaménSeFala, na que participan centros educativos das catro provincias galegas. Esta campaña busca rachar coa imaxe distorsionada dunha suposta Galiza que non fala galego; e de que a nosa lingua non é empregada no mundo da empresa, nin nos barrios, nin nas vilas... E para contribuír coa eliminación destes prexuízos o alumnado exerce como técnico de normalización lingüística.

 O pasado 4 de marzo o alumnado de 4º da ESO e 1º FPB do noso IES, baixo a Coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e coa colaboración de profesorado e alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística, estivo percorrendo a vila de Baiona promocionando a campaña entre o comercio local.

     

Publicada a licitación para a explotación da Cafetería do IES Primeiro de Marzo

Informase a todas aquelas persoas que poidan estar interesadas que con data de 22/02/2024 publicouse no perfil do contratante da Plataforma de Contratos de Galicia (www.contratosdegalicia.gal) a licitación para a contratación da concesión do servizo da cafetería do nos IES (entre outras).

O prazo para a presentación de ofertas remata o 20/03/2024 ás 14:00 h.

 

Convocatoria Folga Estudantil Feminista - 8 de Marzo

Achégase información sobre a Convocatoria de Folga Estudantil Feminista para o 8 de Marzo convocada polo Sindicato de Estudantes.

 

  

Proxecto "Recreate": Dinamización dos recreos

Durante estas 2 semanas, o alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística, logo de realizar unha enquisa entre o alumnado do IES para coñecer os seus intereses, porá en marcha unha serie de actividades dirixidas a dinamizar os tempos de recreo.

Achégase o cartel publicitario do Proxecto Recreate coas datas e actividades que propuxo o propio alumnado na enquisa.

Para máis información consultade os cartaces distribuídos polos corredores do IES, ou poñédevos encontacto co alumnado de 2º de Animación Socilcultural e Turística (Taller de Ciclo, Primeiro Andar, xunto ó Salón de Actos)

Batalla Recitado polo Día de Rosalía de Castro (23 de Febreiro)

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Primeiro de Marzo convoca unha Batalla de Recitado como conmemoración do 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.

Está convocada toda a comunidade educativa, tanto alumnado como profesorado, persoal non docente e familias.

  

ANUNCIO CONVOCATORIA AXUDASLE 2024

ANUNCIO CONVOCATORIA AXUDASLE 2024

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunicamos a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que hoxe día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)

http://www.edu.xunta.gal/axudasle

A citada orde, no seu artigo 11 establece o seguinte:

Artigo 11. Colaboración dos centros docentes na difusión e participación nesta convocatoria

1. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades remitirá aos centros docentes información en formato electrónico, sobre o procedemento de solicitude e de adxudicación de prazas, para a súa difusión entre o alumnado obxecto desta convocatoria.

2. A dirección de cada centro docente arbitrará as medidas necesarias para que o contido desta orde sexa coñecido por todos os sectores da comunidade educativa e entregaralle unha copia dela ao Consello Escolar, ao Claustro, ás Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) e, de ser o caso, ás asociacións de alumnado. Así mesmo, expoñeranse no taboleiro de anuncios a listaxe provisional e a definitiva de alumnado seleccionado.

3. O contido desta orde e a información complementaria atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle

4. As direccións dos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán, na medida das súas posibilidades, ao alumnado interesado e/ou ás súas familias o acceso á aplicación informática correspondente a este programa.

Un cordial saúdo

Servizo de Innovación e Programas Educativos
Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Edificio Administrativo San Caetano s/n Bq. II - 2º Andar
15781 Santiago de Compostela

 

Información Seguro OPCIONAL Viaxe Fin de Curso

Na reunión mantida hoxe coa responsable da Axencia de Viaxes que vai xestionar a viaxe Fin de Curso de 4º ESO e 2ºFPB informouse da posibilidade de que cada alumno/a que o desexe pode contratar, de xeito persoal e individual, un seguro ante a posible cancelación da viaxe.

 

Acompáñanse os documentos remitidos pola axencia, lembrando sempre que se trata dun seguro OPCIONAL e que se xestiona directamente coa Axencia.

Documento 1: Causas de Anulación 

Documento 2: Condiciones Generales Seguro Base

Documento 3: Resumen Seguro Base 

Aquelas persoas interesadas en contratar este seguro deben contactar directamente coa Axencia, no teléfono de contacto que figura na documentación entregada na reunión. 

Inicio do procedemento de reserva de alumnado curso 2024/2025 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (PECHADO). ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO (ESO/BACHARELATO)

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

 
 
Lun, 15/01/2024 - 09:00

 RESERVA

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición ao IES Primeiro de Marzo: Colexios de Fontes, Sabarís, Oia e CPI Cova Terreña  PRAZO PECHADO

AVISO: TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA DOS CENTROS ADSCRITOS  FORON ADMITIDAS E TEÑEN A PRAZA ADXUDICADA PARA O CURSO 24/25

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 ADMISIÓN

                                           PORTADA DA WEB  DE ADMISIÓN (1 ao 20 de marzo)

Aplicación de xestión das solicitudes de admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

 
(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

SOLICITUDE DE ADMISIÓN: PRAZO DE 1 AO 20 DE MARZO

Normativa e manuais

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir ALGUNHA das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente

  3. ENLACE DIRECTO DA SEDE XUNTA: https://sede.xunta.gal/portada

  4. presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.

  5. Cubrir a solicitude de ADMISIÓN manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

        ADMISIÓN: (Cambio de centro distinto do que está matriculado na actualidade ESO/BACHARELATO), presenta a solicitude no centro elexido en 1ª opción (do 1 de marzo ao 20 de marzo)

 

OFERTA DE PRAZAS PARA ADMISIÓN DOS CURSOS DA ESO OU BACHARELATO, SOLICITUDES DO 1 AO 20 DE MARZO

1º ESO      25  (3 GRUPOS)

2º ESO      22  (2 GRUPOS)

3º ESO        3  (2 GRUPOS )

4º ESO      15  (2 GRUPOS + 1 DE PDC)

1º BACH    54 (DÚAS MODALIDADES) (3 GRUPOS)

2º BACH    55 (DÚAS MODALIDADES) (3 GRUPOS)

DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ APORTAR: COPIA LIBRO DE FAMILIA, COPIA DNI PROXENITORES, DNI ALUMNO/A, CERTIFICADO EMPADROAMENTO. EN CASO DE SEPARACIÓN/DIVORCIO, COPIA DO CONVENIO OU RESOLUCIÓN XUDICIAL, certificado da actual matrícula e certificado de 3º ESO coa nota media. Horario de secretaría de 9 a 14 horas

AO FINAL DESTA INFORMACIÓN ESTÁ O ADXUNTO co modelo de solicitude PARA PRESENTAR PRESENCIALMENTE NO CENTRO

O ENLACE DA APLICACIÓN É: admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 Enlace informativo do mapa educativo e datos de interese dos centros en Galicia: https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/AbrirSesion.do

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

 

 

 
 
Distribuir contido