BACHARELATO/ FP/ UNIVERSIDADE SOLICITA AGORA A TÚA BOLSA
DO 19 DE MARZO[09:00h] AO 10 DE MAIO[15:00h]
MÁIS INFORMACIÓN: WWW.BECASEDUCACION.GOB.ES
La convocatoria general de becas y ayudas al estudio del Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes, conocidas como becas MEC, se ha abierto este martes 19 de marzo para alumnos que vayan a realizar en el curso 2024-25 estudios postobligatorios como Bachillerato, Formación Profesional, Enseñanzas Artísticas, Deportivas, idiomas o estudios universitarios.
Los estudiantes interesados en solicitar una de las becas, cuyo plazo de solicitud se ha abierto este martes 19 de marzo a las 9:00 horas, lo deben hacer hasta el 10 de mayo a las 15:00 horas por internet a través del formulario de la sede electrónica del Ministerio de Educación que se encuentra también disponible en la página de Formación Profesional.
La principal novedad de esta convocatoria es la subida del 5% en los umbrales de renta, que se suma a las mejoras incorporadas en cursos anteriores como el incremento de 1.600 a 2.500 euros en las becas de residencia.
ENLACE
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/t...
A loita pola erradicación das desigualdades de xénero está presente no noso IES todos e cada un dos días que o centro abre as súas portas.
E como non podía ser doutro xeito, este 8 de Marzo volvemos a visibilizar a nosa aposta por unha sociedade mási xusta e igualitaria.
Durante todo este mes están tendo lugar distintas accións reivindicativas organizadas por alumnado de distintos grupos, e de modo especial polo alumnado e profesorado do Equipo de Igualdade "Rochas Violetas".
Deixámosvos aquí algunhas das fotos do PhotoCall posterior ó acto de lectura do manifesto deste ano.
O IES Primeiro de Marzo atópase adherido á campaña #AquíTaménSeFala, na que participan centros educativos das catro provincias galegas. Esta campaña busca rachar coa imaxe distorsionada dunha suposta Galiza que non fala galego; e de que a nosa lingua non é empregada no mundo da empresa, nin nos barrios, nin nas vilas... E para contribuír coa eliminación destes prexuízos o alumnado exerce como técnico de normalización lingüística.
O pasado 4 de marzo o alumnado de 4º da ESO e 1º FPB do noso IES, baixo a Coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e coa colaboración de profesorado e alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística, estivo percorrendo a vila de Baiona promocionando a campaña entre o comercio local.
Informase a todas aquelas persoas que poidan estar interesadas que con data de 22/02/2024 publicouse no perfil do contratante da Plataforma de Contratos de Galicia (www.contratosdegalicia.gal) a licitación para a contratación da concesión do servizo da cafetería do nos IES (entre outras).
O prazo para a presentación de ofertas remata o 20/03/2024 ás 14:00 h.
Durante estas 2 semanas, o alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística, logo de realizar unha enquisa entre o alumnado do IES para coñecer os seus intereses, porá en marcha unha serie de actividades dirixidas a dinamizar os tempos de recreo.
Achégase o cartel publicitario do Proxecto Recreate coas datas e actividades que propuxo o propio alumnado na enquisa.
Para máis información consultade os cartaces distribuídos polos corredores do IES, ou poñédevos encontacto co alumnado de 2º de Animación Socilcultural e Turística (Taller de Ciclo, Primeiro Andar, xunto ó Salón de Actos)
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Primeiro de Marzo convoca unha Batalla de Recitado como conmemoración do 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.
Está convocada toda a comunidade educativa, tanto alumnado como profesorado, persoal non docente e familias.
ANUNCIO CONVOCATORIA AXUDASLE 2024
Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunicamos a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que hoxe día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024
Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)
http://www.edu.xunta.gal/axudasle
A citada orde, no seu artigo 11 establece o seguinte:
Artigo 11. Colaboración dos centros docentes na difusión e participación nesta convocatoria
1. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades remitirá aos centros docentes información en formato electrónico, sobre o procedemento de solicitude e de adxudicación de prazas, para a súa difusión entre o alumnado obxecto desta convocatoria.
2. A dirección de cada centro docente arbitrará as medidas necesarias para que o contido desta orde sexa coñecido por todos os sectores da comunidade educativa e entregaralle unha copia dela ao Consello Escolar, ao Claustro, ás Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) e, de ser o caso, ás asociacións de alumnado. Así mesmo, expoñeranse no taboleiro de anuncios a listaxe provisional e a definitiva de alumnado seleccionado.
3. O contido desta orde e a información complementaria atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle
4. As direccións dos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán, na medida das súas posibilidades, ao alumnado interesado e/ou ás súas familias o acceso á aplicación informática correspondente a este programa.
Un cordial saúdo
Servizo de Innovación e Programas Educativos
Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Edificio Administrativo San Caetano s/n Bq. II - 2º Andar
15781 Santiago de Compostela
Na reunión mantida hoxe coa responsable da Axencia de Viaxes que vai xestionar a viaxe Fin de Curso de 4º ESO e 2ºFPB informouse da posibilidade de que cada alumno/a que o desexe pode contratar, de xeito persoal e individual, un seguro ante a posible cancelación da viaxe.
Acompáñanse os documentos remitidos pola axencia, lembrando sempre que se trata dun seguro OPCIONAL e que se xestiona directamente coa Axencia.
Documento 1: Causas de Anulación
Documento 2: Condiciones Generales Seguro Base
Documento 3: Resumen Seguro Base
Aquelas persoas interesadas en contratar este seguro deben contactar directamente coa Axencia, no teléfono de contacto que figura na documentación entregada na reunión.
RESERVA
AVISO: TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA DOS CENTROS ADSCRITOS FORON ADMITIDAS E TEÑEN A PRAZA ADXUDICADA PARA O CURSO 24/25
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.
Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)
________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
ADMISIÓN
PORTADA DA WEB DE ADMISIÓN (1 ao 20 de marzo)
PECHADO
Aplicación de xestión das solicitudes de admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.
Para presentar unha solicitude deberá seguir ALGUNHA das opción descritas a continuación:
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente
ENLACE DIRECTO DA SEDE XUNTA: https://sede.xunta.gal/portada
presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.
Cubrir a solicitude de ADMISIÓN manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
ADMISIÓN: (Cambio de centro distinto do que está matriculado na actualidade ESO/BACHARELATO), presenta a solicitude no centro elexido en 1ª opción (do 1 de marzo ao 20 de marzo)
EXTRAORDINARIA: presenta no centro elexido (fóra de prazo)
OFERTA DE PRAZAS PARA ADMISIÓN DOS CURSOS DA ESO OU BACHARELATO, SOLICITUDES DO 1 AO 20 DE MARZO
1º ESO 25 (3 GRUPOS)
2º ESO 22 (2 GRUPOS)
3º ESO 3 (2 GRUPOS )
4º ESO 15 (2 GRUPOS + 1 DE PDC)
1º BACH 54 (DÚAS MODALIDADES) (3 GRUPOS)
2º BACH 56 (DÚAS MODALIDADES) (3 GRUPOS)
DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ APORTAR: COPIA LIBRO DE FAMILIA, COPIA DNI PROXENITORES, DNI ALUMNO/A, CERTIFICADO EMPADROAMENTO. EN CASO DE SEPARACIÓN/DIVORCIO, COPIA DO CONVENIO OU RESOLUCIÓN XUDICIAL, certificado da actual matrícula e certificado de 3º ESO coa nota media. Horario de secretaría de 9 a 14 horas
AO FINAL DESTA INFORMACIÓN ESTÁ O ADXUNTO co modelo de solicitude PARA PRESENTAR PRESENCIALMENTE NO CENTRO
O ENLACE DA APLICACIÓN É: admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)
Enlace informativo do mapa educativo e datos de interese dos centros en Galicia: https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/AbrirSesion.do