Achegamos arquivo coa convocatoria de eleccións á renovación parcial do sector alumnado do Consello Escolar 2022. Está publicada no taboleiro da entrada ao IES
En reunión celebrada o 7/11/2022 da Xunta Electoral para as eleccións á renovación parcial do CE 2022, aprobouse o calendario das eleccións . Achegamos o arquivo coa información e dos censos.
Achegamos arquivo da acta do sorteo de membros da Xunta Electoral relativo á convocatoria de eleccións á renovación parcial do Consello Escolar 2022 así mesmo e a todos os efectos, publícase no taboleiro do centro todas aquelas resolucións e informacións sobre o proceso atendendo á normativa vixente.
De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, DOG 30/09/22, realizarase próximamente a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR.
Achegamos no arquivo a información sobre o sorteo e constitución da Xunta Electoral e a organización das eleccións.
Para paliar na medida do posible estas consecuencias, cómpre efectuar unha ampliación
da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022 a favor das
persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50 €, concedéndolle 25 € adicionais ata acadar un importe total de 75 €Orde do 29 de abril de 2022.
Prazo e lugar de entrega : dende o luns, 17 de outubro de 2022 na conserxería do centro
Dende o departamento de Filosofía infórmase que o libro de texto para 1º de bacharelato no curso 22/23 é o indicado a continuación:
Nome: Filosofía 1 (Comunidade en Rede)
Editorial: Vicens Vives C. Prestel
Idioma: Galego
ISBN: 9788468287706
A convocatoria destas axudas para o curso 2022 - 2023 publicouse o 18 de maio de 2022.
Poderá pedirse dende o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022, pero non o deixedes para o derradeiro día, porque tes que imprimir o PDF e presentalo no IES antes desa data.
Informase de que o alumnado interesado en solicitar as axudas para a certificación lingüística, deberán poñerse en contacto co profesorado de inglés do centro.
O prazo de solicitude remata o 23 de setembro, polo que cómpre achegar esta información ao departamento de inglés o antes posible.
Poderá atopar toda a información sobre a convocatoria no seguinte enlace
OFERTA DE PRAZAS: 16 EN TODOS OS MÓDULOS
O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establece no artigo 19.2 que as ofertas das ensinanzas de formación
profesionalpoderanse¥lexibilizardexeitoquepermitan,nomeadamenteáspersoasadultas,a
posibilidade de combinaren o estudo e a formación coa actividade laboral, coas cargas familiares ou
con outras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais.
Ampliación da oferta
A Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas,
nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de
grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para
o curso académico 2022/23, establece na disposición adicional primeira a ampliación da oferta do
réxime de persoas adultas coas prazas vacantes no réxime ordinario. Textualmente:
“As prazas que resulten vacantes, logo de¥inalizadas as correspondentes fases de admisión e
matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. Para estes
efectos, amplíase a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, de ciclos formativos de
formación profesional, en todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que
teñan autorizada a oferta polo réxime ordinario para o ano académico 2022/23.
Admisión
O proceso e os prazos para dar cumprimento á devandita disposición adicional primeira serán:
–As prazas de módulos que resulten vacantes, logo de¥inalizadas as correspondentes fases de
admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas.
–Para tales efectos, o día 9 de setembro, os centros educativos farán pública no taboleiro de
anuncios unha relación de todos os módulos profesionais liberados en cada ciclo formativo.
–A matrícula farase no prazo comprendido entre o 9 e o 23 de setembro, por estrita orde de
chegada de solicitudes de maneira presencial.
–O proceso de matriculación neste réxime rematará ás 13:00 horas do día 23 de setembro. A
partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización da Dirección Xeral
de Formación Profesional.
–No caso de ciclos formativos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en
proceso de implantación, unicamente será de aplicación aos módulos profesionais do primeiro
curso.
Por último, o alumnado matriculado no curso 2022-2023 polo réxime de persoas adultas en
módulos profesionais dun ciclo formativo, nun centro que tamén ofreza as mesmas ensinanzas
polo réxime ordinario, poderá ampliar a súa matrícula no mesmo centro nos módulos profesionais
que resulten vacantes por este procedemento. En todo caso, a matrícula parcial de módulos
realizarase para o mesmo ciclo formativo e non poderá superar a carga lectiva anual de 1000
horas.