Skip to Content

Probas de acceso a CF de grao medio. Listaxes definitivas de solicitudes, exencións, sedes e instrucións

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2024.

Publicadas instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2024.

Mais información

Materias da ESO e Bacharelato para o curso 2024-25

Adxuntamos os cadros das materias da ESO e Bacharelato para o curso 2024-25.

CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS + PRACTICUM DEPO

CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS+ PRACTICUM DEPO
 
 
Pola presente convócase o procedemento para seleccionar a DOUS ALUMNOS/AS (con posibilidade de ampliación, dacordo á dispoñibilidade) para participar no programa de mobilidades europeas ERASMUS+ PRACTICUM DEPO coordinado pola Deputación de Pontevedra e o IES Ribeira do Louro no presente curso académico.
 
Con respecto aos alumnos/as, esta convocatoria vai dirixida aos estudantes que se atopen matriculados no segundo curso de calquer Ciclo Básico ou Ciclo Medio dos ofertados no Instituto Ribeira do Louro. 
 
Os estudantes que estean interesados en participar nunha mobilidade deberán cumprimentar o documento relativo á “SOLICITUDE ERASMUS PRACTICUM DEPO” e envialo ao seguinte enderezo ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal  entre o 15 E O 28 DE ABRIL DE 2024 (ambos inclusive).  É importante que no asunto do correo se indique o seguinte texto “SOLICITUDE ERASMUS PRACTICUM DEPO NOME APELIDOS” (Ex. SOLICITUDE ERASMUS PRACTICUM DEPO UXIA SILVA LOUREIRO).
 
Para máis información sobre as mobilidades e o proceso de selección ler o aquivo informativo anexo a esta publicación ou contactar con Olga González (Departamento de Administración e Xestión).

Probas de acceso a CF de grao superior. Listaxes definitivas de solicitudes e de exencións e sedes

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2024.

Publicadas instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2024.

Mais información

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut