Skip to Content

PROCEDEMENTO ADMISIÓN E RESERVA CURSO 2024/2025

Quedan admitidas todas as reservas presentadas nos centros adscritos para o procedemento de admisión.

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior da F.P.

No taboleiro do centro están publicadas as listaxes provisionais de admitidos para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Pódese consultar esa información na web https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do co código da solicitude. 

ANUNCIO CONVOCATORIA AXUDASLE 2024

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunicamos a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que hoxe día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024 para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024.

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)

http://www.edu.xunta.gal/axudasle

Ver orde

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE PARA PERSOAL KA171

O IES Ribeira do Louro fai pública a presente convocatoria provisional de axudas para a Mobilidade de Persoal a Bután, que asignan a Persoal externo experto en:

-       Deseño e xestión de proxectos de internacionalización e en: 2 prazas.

-       Coordinación, xestión e supervisión de centros educativos impartindo formación profesional de nivel terciario: 1 praza.  

 Estas mobilidades estarán financiadas co orzamento do programa 2023-1-ES01-KA171-HED-000149489, aprobado dentro do marco do Programa Erasmus+, na medida de Mobilidade para países non-asociados KA-171, para Persoal externo experto,  que se xestionan a través do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE).

O persoal seleccionado recibirá unha axuda económica para sufragar os custos de manutención durante o período de mobilidade, así como outra axuda económica para sufragar os custos de viaxe e desprazamentos, segundo o que a continuación se especifica:

-                    Gastos de aloxamento e manutención: 180€ diarios.

-                    Gastos de viaxe e desprazamentos: 1.500€

Previamente á realización das bolsas deberá estar tramitada toda a documentación pertinente.

Esta convocatoria realízase de forma aberta. No caso de que haxa máis solicitudes que bolsas, as bolsas serán asignadas en base aos criterios recollidos na solicitude do proxecto, que inclúe os seguintes:

Criterios de selección de persoal:

  • Adecuación dos coñecementos e capacidades do solicitante ó solicitado polo centro de recepción: ata 40 puntos.
  • Coñecemento da lingua de traballo da mobilidade, que é o inglés (mínimo A2): ata 20 punto  
  • Experiencia en proxectos de mobilidade internacional: ata 10 puntos
  • Experiencia no desenvolvemento de proxectos educativos internacionais: ata 10 puntos.
  • En caso de beneficiario con algunha discapacidade: ata 10 puntos.

 

O persoal interesado en levar a cabo algunha bolsa de mobilidade desta convocatoria, deberá enviar o anexo correspondente cuberto ao email: international@ribeira.org non mais tarde do 15 de febreiro de 2024.  

As solicitudes serán avaliadas por un comité de selección que será constituído segundo proposta do equipo directivo do centro.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut