Skip to Content

Obradoiro de primeiros auxilios

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE PARA ESTUDANTES KA171

O IES Ribeira do Louro fai pública a presente convocatoria provisional de axudas para a Mobilidade de estudantes para prácticas cursando o 2º curso nun ciclo formativo de grao superior, no marco do Programa Erasmus+ KA171 para países asociados. Estas mobilidades se xestionan a través do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE).

En base ao  sinalado no apartado anterior, e coas condicións sinaladas, convócanse as seguintes mobilidades.

2023-1-ES01-KA171-HED-000149489 - Estudantes

País

Becas aprobadas

Balcanes

5 Mobilidades aprobadas

Os estudantes seleccionados recibirán unha axuda económica para sufragar os custos de manutención durante o período de mobilidade, así como outra axuda económica para sufragar os custos de viaxe, segundo especifícase a continuación:

 

-                    Gastos de aloxamento e manutención: 700€ mensuales.

-                    Gastos de desprazamento: 360€

 

Previamente á realización das bolsas deberá estar tramitada toda a documentación pertinente.

No caso de que haxa máis solicitudes que bolsas, as bolsas serán asignadas en base aos criterios recollidos na solicitude do proxecto, que inclúe os seguintes:

Criterios de selección de estudantes:

ü  Nota media de cursos anteriores: ata 30 puntos.

ü  Nota media do módulo de lingua estranxeira se estudas a lingua que será a túa lingua de traballo no centro de recepción: ata 25 puntos.

ü  Valoración da actitude do alumno ante o desenvolvemento da estancia por parte do equipo docente: ata 15 puntos.

ü  Motivación para realizar a mobilidade a partir dunha carta de motivación presentada: ata 20 puntos

ü  Preferencia polo alumnado con necesidades ou dificultades especiais, tanto físicas como intelectuais, así como de carácter sociais: ata 10 puntos

 

Os estudantes interesados en levar a cabo algunha bolsa de mobilidade desta convocatoria, deberá enviar o anexo correspondente cuberto ao email: international@ribeira.org non mais tarde do 31 de xaneiro de 2024.  

 

As solicitudes serán avaliadas po un comité de selección que será constituído segundo proposta do equipo directivo do centro.

PROBAS LIBRES ESO 2024

No DOG do 11/01/2024 publicouse a convocatoria para o ano 2024 das probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioG0655-040124-0001_gl.html

A convocatoria ten novidades importantes:

  • O IES Ribeira do Louro non vai realizar a proba. O centro máis cercano onde se realizará é a EPAPU do Berbés (rúa Marqués de Valterra nº 8, Vigo).
  • As solicitudes non se poden presentar no IES Ribeira do Louro. Só se poden presentar nos centros onde se realizarán as probas, nos rexistros das administracións públicas ou nas oficinas de Correos (neste caso deberán aboar o importe do envío da solicitude por correo certificado). No concello do Porriño pódense presentar presencialmente no Rexistro Municipal do Concello, no rexistro da Oficina Comarcal Agraria da Xunta de Galicia (situado no Edificio Multicentro de Torneiros, ao lado do noso centro) ou en Correos.
  • As probas celebraranse en abril e xuño. Polo tanto, non se realizará a proba en setembro.

As datas da convocatoria son as seguintes:

  • Prazo de inscrición:
    • Para a convocatoria de abril: do 5 ao 21 de febreiro de 2024
    • Para a convocatoria de xuño: do 8 ao 19 de abril de 2024
  • Data de realización da proba:
    • 12 de abril de 2024
    • 7 de xuño de 2024

ADMISIÓN NO CURSO ESCOLAR 2024/25

Comunicamos que o prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado no noso centro para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo.

Lembramos que o alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión. As súas prazas xa están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Poden consultar máis información no documento adxunto.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut