Skip to Content

BECAS MEC 2024/25

Hoxe comezou o prazo para solicitar as becas MEC para Bacharelato e Formación Profesional. O prazo remata o 10 de maio ás 15:00

IMPORTANTE: solicita a beca independentemente de saber se vas superar o curso ou non, para que non se che pase o prazo no caso de que poidas optar a obtela.

Toda a información para facer a solicitude está no seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2024.html

Licitación para a contratación dos servizos da cafetería do centro

Con data de 22/02/2024 publicouse no perfil do contratante da Plataforma de Contratos de Galicia (www.contratosdegalicia.gal) a licitación para a “Contratación da concesión dos servizos das cafeterías de 88 centros de ensino público da provincia de Pontevedra, dividido en 88 lotes, durante os cursos 2024/2025 e 2025/2026 mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria”.

No perfil do contratante atópase toda a información e a documentación para poder presentarse á licitación a través do SILEX (http://www.conselleriadefacenda.es/silex).

O prazo para a presentación de ofertas remata o 20/03/2024 ás 14:00 h.

O inicio do contrato está previsto para o 01/09/2024, e durará 2 cursos académicos 2024/2025 e 2025/2026, coa posibilidade de prórroga por outros 2 cursos académicos máis.

As condicións da licitación atópanse recollidas nos pregos da licitación (Prego de cláusulas administrativas e Prego de Prescripcións técnicas) do arquivo adxunto (en formato .zip para a descarga) desta publicación, xunto cos anexos da licitación.


ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/25 - INFORMACIÓN E VACANTES

Nos arquivos adxuntos pódese consultar información actualizada sobre o proceso de admisión para o curso 2024/25 e o número de postos dispoñibles por cada curso.

Lembramos que o prazo para presentar solicitudes de admisión comeza este venres, día 1 de marzo. O prazo rematará o 20 de marzo.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut