Skip to Content

Departamento de Orientación

 

CALES SON AS FUNCIÓNS MÁIS RELEVANTES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CARA A PAIS E NAIS?

  • Deseñar estratexias encamiñadas á prevención e atención temperá das distintas dificultades do alumnado.
  • Facilitar a colaboración centro-familia no proceso educativo.
  • Favorecer a orientación académico-profesional do alumnado.
  • Crear canles coas distintas institucións do contorno, abrindo o centro á comunidade.
  • Facilitarlle á comunidade educativa o asesoramento e apoios necesarios, para que o alumnado poida decidir en momentos decisivos e importantes.
  • Coordinar, apoiar e ofrecer soporte técnico ás actividades de orientación e titoría.

QUEN SON OS CONSTITUÍNTES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CENTRO?

  • A Xefa do Departamento, que é a orientadora
  • A profesora de pedagoxía terapéutica
  • Dous titores:

                               o Un do ámbito socio-lingüístico

                               o Un do ámbito científico tecnolóxico

  • O profesor de F.O.L.

CALES SON AS FUNCIÓNS DO TITOR OU TITORA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA?

            O titor é unha figura que ten unha grande importancia na relación entre o centro e as familias e constitúe, en primeira instancia, o interlocutor inmediato con estas.

            Entre as súas función, están:

  • Proporcionar ás familias información sobre o calendario escolar, os programas escolares, horarios, actividades extraescolares, etc.
  • Informar ao profesorado do grupo, aos pais e nais e ao alumnado sobre todo o referido ao seu rendemento académico.
  • Controlar as faltas de asistencia e puntualidade e informar ás familias.
  • Fomentar a colaboración das familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación.
  • Efectuar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe de cada alumno ou alumna para detectar posibles dificultades.
  • Facilitar a integración do alumnado na súa aula e no centro, fomentando a súa participación.
  • Informar ao profesorado sobres as características de cada alumno ou alumna.
  • Coordinar os procesos de avaliación do alumnado.
  • Orientar as demandas e inquedanzas do alumnado e mediar ante o resto de profesorado, alumnado ou equipo directivo ante os problemas que se presenten.

ENLACE AO DECÁLOGO DE COMPETENCIAS ESIXIDAS NO MERCADO LABORAL



page | by Dr. Radut