Skip to Content

Orientación

ORIENTA 2023/24

 

 O departamento de Orientación está formado por:

  • Susana Pita Anca (Xefa do departamento e Orientadora)
  • Paloma Rodríguez (PT)

Entra en el Blog Orienta 2023/24

lamenteesmaravillosa.com

orientaonline

O en la web: Orientaline 23-24

Charla "A xestión cultural, un sector profesional emerxente"

O 16 de decembro, o alumnado de HMD de 2º de BAC asistíu á charla  A xestión cultural, un sector profesional emerxente organizada polo departamento de Orientación dentro do programa A Ponte.

Grazas a Gonzalo Rodríguez pola súa claridade na presentación.

 

Charla contra a violencia de xénero

   O alumnado de 3º da ESO acudíu o pasado 8 de novembro a unha charla contra a violencia de xénero dentro do Plan Director de Convivencia Escolar que levamos a cabo dende o departamento de Orientación.

PRESENTACIÓNS INFORMATIVAS DO EQUIPO DE ORIENTACIÓN PARA O ALUMNADO

O equipo de Orientación informou ó alumnado da ESO e ó alumnado do Conservatorio da oferta formativa do noso centro. Aquí tedes as presentacións para que poidades consultalo con tranquilidade. 

Non vos quededes con ningunha dúbida, chamade ó centro e vos informaremos.

Departamento de Orientación

 

CALES SON AS FUNCIÓNS MÁIS RELEVANTES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CARA A PAIS E NAIS?

  • Deseñar estratexias encamiñadas á prevención e atención temperá das distintas dificultades do alumnado.
  • Facilitar a colaboración centro-familia no proceso educativo.
  • Favorecer a orientación académico-profesional do alumnado.
  • Crear canles coas distintas institucións do contorno, abrindo o centro á comunidade.
  • Facilitarlle á comunidade educativa o asesoramento e apoios necesarios, para que o alumnado poida decidir en momentos decisivos e importantes.
  • Coordinar, apoiar e ofrecer soporte técnico ás actividades de orientación e titoría.

QUEN SON OS CONSTITUÍNTES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CENTRO?

  • A Xefa do Departamento, que é a orientadora
  • A profesora de pedagoxía terapéutica
  • Dous titores:

                               o Un do ámbito socio-lingüístico

                               o Un do ámbito científico tecnolóxico

  • O profesor de F.O.L.

CALES SON AS FUNCIÓNS DO TITOR OU TITORA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA?

            O titor é unha figura que ten unha grande importancia na relación entre o centro e as familias e constitúe, en primeira instancia, o interlocutor inmediato con estas.

            Entre as súas función, están:

  • Proporcionar ás familias información sobre o calendario escolar, os programas escolares, horarios, actividades extraescolares, etc.
  • Informar ao profesorado do grupo, aos pais e nais e ao alumnado sobre todo o referido ao seu rendemento académico.
  • Controlar as faltas de asistencia e puntualidade e informar ás familias.
  • Fomentar a colaboración das familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación.
  • Efectuar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe de cada alumno ou alumna para detectar posibles dificultades.
  • Facilitar a integración do alumnado na súa aula e no centro, fomentando a súa participación.
  • Informar ao profesorado sobres as características de cada alumno ou alumna.
  • Coordinar os procesos de avaliación do alumnado.
  • Orientar as demandas e inquedanzas do alumnado e mediar ante o resto de profesorado, alumnado ou equipo directivo ante os problemas que se presenten.

ENLACE AO DECÁLOGO DE COMPETENCIAS ESIXIDAS NO MERCADO LABORAL

Distribuir contenido


by Dr. Radut