Skip to Content

Ciencias naturais

Integrantes, cursos e materias

O departamento está formado por:

  • María Eugenia Leira Parrado (Xefa do departamento)
  • María Natividad García Cela

 

A continuación vemos as materias e os cursos que imparten cada unha delas:

 

Curso Asignatura Docente
1ºESO Bioloxía e xeoloxía María Natividad García Cela
Educación física María Natividad García Cela
Promoción de estilos de vida saudables  María Natividad García Cela
2ºESO Educación física María Natividad García Cela
3ºESO A   Bioloxía e xeoloxía María Natividad García Cela
3ºESO B Bioloxía e xeoloxía María Eugenia Leira Parrado
4ºESO Bioloxía e xeoloxía María Eugenia Leira Parrado
1ºBAC A Anatomía aplicada María Eugenia Leira Parrado
Bioloxía e xeoloxía María Eugenia Leira Parrado
Cultura científica María Natividad García Cela
1ºBAC B Anatomía aplicada María Eugenia Leira Parrado
Bioloxía e xeoloxía María Eugenia Leira Parrado
Cultura científica María Natividad García Cela
2ºBAC B Bioloxía María Eugenia Leira Parrado
FPB1 Ciencias aplicadas I María Natividad García Cela

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Programación do curso 19-20

 

O noso Departamento imparte no presente curso escolar as seguintes materias:

 

 
  • Ciencias Naturais 1º ESO
  • Ciencias Naturais 2º ESO 
  • Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO
  • Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO
  • Bioloxía e xeoloxía 1º Bacharelato
  • Bioloxía 2º Bacharelato
  • Cultura Científica. 1º Bacharelato
  • Anatomía Aplicada
webquest Sobre a biodiv

 As programacións se poden consultar aquí

  • Para levar a cabo a nosa práctica docente contamos coas:
  • Aulas propias dos grupos correspondentes
  • Biblioteca
  • Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía
  • Aulas de informática
  • Aulas T.I.C.

A Bioloxía é a ciencia que estuda a vida e, en particular, as características e comportamento dos organismos, a orixe de especies e individuos, e o xeito en que estes interactúan entre si e co seu ambiente. A bioloxía abrangue un espectro amplo de áreas académicas consideradas frecuentemente disciplinas independentes, mais que, no seu conxunto, estudan a vida ás máis variadas escalas.

A vida é estudada á escala atómica e molecular pola bioloxía molecular, pola bioquímica e pola xenética molecular, ao nivel da célula pola bioloxía celular e á escala multicelular pola fisioloxía, pola anatomía e pola histoloxía. A bioloxía do desenvolvemento estuda a vida ao nivel do desenvolvemento ou ontoxenia do organismo individual.

Subindo na escala para grupos de máis dun organismo, a xenética estuda como funciona a herdanza entre os proxenitores e mais a súa descendencia. A etoloxía estuda o comportamento dos individuos. A xenética poboacional traballa ao nivel da poboación, en canto que a sistemática traballa con liñaxes de moitas especies. As ligazóns de individuos, poboacións e especies entre si e cos seus hábitats son estudadas pola ecoloxía e pola bioloxía evolutiva. Unha nova área, altamente especulativa, a astrobioloxía (ou xenobioloxía) estuda a posibilidade de vida para aló do noso planeta.

A xeoloxía é a ciencia e o estudo da Terra, a súa composición, estrutura, propiedades físicas, historia e os procesos que a formaron. É unha das Ciencias da Terra. Os xeólogos axudaron a establecer a idade da Terra nuns 4500 millóns de anos, e determinaron que a litosfera terrestre, que inclue a codia, está fragmentada en placas tectónicas que se moven sobre o manto superior (astenosfera) a través duns procesos chamados colectivamente tectónica de placas. Os xeólogos axudan a localizar e tratar os recursos naturais da Terra, coma o petróleo ou o carbón, así como metais coma o ferro, cobre ou uranio. Intereses económicos adicionais inclúen as pedras preciosas e moitos minerais coma os asbestos, micas, fosfatos, pumita, seixo... e elementos coma o xofre, cloro ou helio.

 

nenuf  As veces o "ouro negro" fai ver negras as cousas  
¿Como se ven uns cromosomas ó microscopio? se queres velos preme aquí  cromosomas  
Distribuir contenido


by Dr. Radut