ACTIVIDADES DO CENTRO

FP INNOVA

O IES Ricardo Mella de Vigo, participa do 22 ao 24 de marzo no Congreso de Innovación na Formación Profesional (FP Innova 2023), que se celebra na cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Faino a través do Departamento de Electrónica cun proxecto premiado denominado "Telerrobot con realidade virtual". Docentes e alumnos atenden os stands e explican o seu funcionamento aos visitantes.

https://www.edu.xunta.gal/fp/congreso-fp-innova/proxectos/18778

 

"Mulleres Valentes" e "Rosalía na Onda", os novos programas de "Na Onda do Mella"

 

Chega "Mulleres Valentes", a gravación do grupo de 1 ESO para o programa "Mulleres Bravas", traballo radiofónico realizado polo alumnado do IES Ricardo Mella na xornada especial do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.  Neste petisco radiofónico, escoitaremos as voces de alumnado de 1º ESO que nos contarán historias de vida sobre algunhas mulleres valentes das súas familias. 

Ademais, Na Onda do Mella conmemoramos a data do nacemento de Rosalía de Castro a pasada semana (23/2/23) coa emisión do programa "Rosalía na Onda", escoitando moita música e recitados do alumnado do noso Centro. Desde o IES Ricardo Mella queremos reivindicar a nosa poeta nai con esta humilde retransmisión, lembrando algúns dos seus versos nas voces do alumnado de secundaria e de ciclos do noso IES.

Ligazón a"Mulleres Valentes": https://www.ivoox.com/na-onda-do-mella-5-mulleres-valentes-08-3-23-audios-mp3_rf_104292442_1.html

Ligazón a"Rosalía na Onda": https://www.ivoox.com/na-onda-do-mella-4-rosalia-na-onda-audios-mp3_rf_103979903_1.html

 

Semana de Rosalía no Mella

Xa comezou a Semana de Rosalía no IES Ricardo Mella!

O pasado venres 23/2/23 celebrouse o Día de Rosalía de Castro, e no noso centro unímonos á celebración comezando a Semana de Rosalía, na que nos iremos achegando á súa figura e á súa obra; escoitando, recitando e incluso cantando algúns dos seus versos. Ademais, todo isto culminará coa emisión do programa especial (en proceso de gravación) "Rosalía no Mella", no que participará alumnado moi variado e que emitirá a nosa radio escolar, Na Onda do Mella. Dende o noso Centro queremos reivindicar a nosa poeta nai con esta humilde retransmisión que emitiremos a vindeira semana...

Viva Rosalía de Castro! Viva a Radio Escolar!

#edlgmella #naondadomella

Festa de Entroido no Mella - Premios dos concursos de Entroido

O pasado venres 17/2/23 celebrouse a Festa de Entroido, durante a que se realizou a entrega de premios dos concursos de máscaras, doces e coplas... Velaí o alumnado premiado nos tres apartados:

Máscaras: 1º premio para Matías de 1º ESO, por unha máscara dos Galos da Mezquita; 2º premio para Manuel de 1º ESO, por unha adaptación dos Merdeiros de Vigo; e o 3º premio para Martín por unha excepcional réplica dun Peliqueiro de Laza.

Doces: 1º premio para Serxio de 1º BACH, por unhas orellas de Entroido saborosas e moi ben realizadas; 2º premio para Alba de 1º FPBAdmin, por uns antifaces de chocolate moi enxebres.

Coplas: 1º premio para Ana de 3º ESO, cunhas coplas dedicadas ao profesorado do Mella; 2º premio para Paula de 3º ESO ; e o 3º premio foi para Eluney, de 1º BACH, tamén con temática retranqueira sobre o profesorado do instituto.

Parabéns ás persoas gañadoras! #EntroidonoMella

SEMANA BRANCA 22-23

ALUMNADO DE 1º BACHARELATO

GOZANDO DO ESQUÍ EN LEITARIEGOS

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido