Normalización Lingüística

Recollida de premios do concurso de podcasts "O vello dos contos"

 

O pasado martes 6 de xuño, o grupo de 1º ESO do IES Ricardo Mella viaxou ata Santiago de Compostela para recoller o seu trofeo e os seus agasallos por seren finalistas da V edición dos premios internacionais de podcasts "O vello dos contos" co seu podcast enviado a concurso e titulado "Don Paco, eterno". A cerimonia de entrega, celebrada no IES Rosalía de Castro e conducida por Aser Álvarez, director da produtora Arraianos, contou tamén coa presenza de Anxo Angueira (mestre, poeta e presidente da Fundación Rosalía),  Valentín García (secretario Xunta) ou mesmo coa propia Lola Mosquera, filla do homenxeado con este concurso, Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos. Ademais, a xornada foi completa, pois o alumnado que se desprazou ata Compostela gozou cunha marabillosa mañá de sol, na que puideron visitar emprazamentos como a Catedral de Santiago ou o Pazo de Fonseca... Viva a radio escolar! Viva o vello dos contos! Viva don Paco Eterno!! #NaondadoMella #EdlgMella #DonPacoEterno

Finalistas!

Vivaaa, vivaaa!! "Don Paco, eterno", o podcast realizado polo grupo de 1ºESO para as Letras Galegas e presentado ao "V Concurso de Podcasts: O vello dos contos", vén de ser nomeado un dos 10 finalistas na categoría de secundaria de entre 50 traballos presentados ‼️‼️

Dende aquí queremos parabenizar o alumnado participante e animalo para o vindeiro martes 6/6/2023, cando se celebrará a gala de entrega de premios no IES Rosalía de Castro en Santiago de Compostela, e á que acudirá unha representación do grupo de 1ºESO do IES Ricardo Mella...

Escoita novamente o programa en: https://www.ivoox.com/na-onda-do-mella-8-don-paco-eterno-audios-mp3_rf_108430987_1.html

Longa vida á radio escolar‼️ Vivan as nosas Letras!! Viva Don Paco!! #edlgmella #ovellodoscontos #naondadomella #donpacoeterno

 

Nova charla do Proxecto Mámoas

O vindeiro xoves 8 de xuño chega a 3ª Charla do Proxecto Mámoas. Desta volta acompañaranos o especialista en fotogrametría e modelador 3D Manuel García Ávila, que nos falará desta técnica fotográfica vencellada a monumentos megalíticos ou rupestres... Ademais, seguro que será un orgullo para nós escoitar as explicacións dun ex-alumno do IES Ricardo Mella, pois non hai moito tempo Manuel formou parte do noso centro como estudante.

Avante co Proxecto Mámoas!! #planproxecta #proxectomámoas #edlgmella

Derradeira saída do Proxecto Lagares

O xoves da semana pasada (25/5/23) finalmente se realizou a derradeira saída ao río Lagares, desta volta cos grupos de 3º ESO, na que volvemos realizar a ruta de 4km polos arredores do noso IES; facendo parada obrigatoria nos 4 lugares acordados: Pozo da Serpe, Central Hidroeléctrica, Paseo Lagares e Lavadoiro Mariñeiras... Ademais, tamén houbo tempo de realizar o xogo da descuberta de especies autóctonas e invasoras, e a rematar a xornada botando unha foliada no lavadoiro!!

Hai vida no Lagares !!  #edlgmella #proxectolagares

Charla con Montse Fajardo

Velaí algunhas instantáneas da charla que tivemos hoxe con Montse Fajardo Pérez no Salón de Actos, na que, entre outras cousas, nos falou de memoria histórica e se achegou a algunhas das intrahistorias recollidas no seu libro "Un cesto de mazás", que foi unha das lecturas do mes no Club de Lecturas en Igualdade do noso IES. Moitas grazas pola visita !! Ata a próxima !! #edlgmella #uncestodemazás #memoriahistórica

Distribuir contido