Normalización Lingüística

Charla de Montse Fajardo no Club de Lectura

 E o vindeiro luns 29 de maio será Montse Fajardo quen veña ao noso Club de Lectura, para falarnos, entre outras cousas, de memoria histórica e do seu libro Un cesto de mazás... Sorte a nosa!! #edlgmella #uncestodemazás

Derradeiros clubs de lectura do ano

Velaí os derradeiros clubs do ano coas súas respectivas datas de xuntanza. Desta volta, para rematar o ano con algo máis de marcha, os libros virán acompañados dun pouquiño de música... Anótate no teu club favorito!! #lecturanomella #edlgmella

 

Entrega premios dos concursos de maios e de ilustracións

 

No día de onte, 19/5/23, o alumnado de 1º e 2º ESO do IES Ricardo Mella participou na Festa dos Maios, que se celebrou arredor do maio elaborado para este ano, e na que se procedeu ao canto das coplas realizadas para o concurso. Posteriormante realizouse tamán a entrega de premios dos concursos, saíndo vencedor@s @s seguintes traballos:

Concurso de Ilustracións de Fernández del Riego: 1º Premio, Matías (1º ESO); 2º premio, Andrea  (1º ESO); 3º premio: Efraín (1º ESO)

Concurso de Coplas: 1º premio ao grupo formado por: Lucía, Mía, Melanie e Hanna (2º ESO)

Vivan as nosas Letras no IES Ricardo Mella! Viva o maio! Viva Don Paco! #edlgmella

Xa está no aire "Don Paco, eterno" novo programa de Na Onda do Mella

Xa está no aire "Don Paco, eterno"! O traballazo radiofónico realizado polo grupo de 1 ESO para Na Onda do Mella co gallo do Día das Letras Galegas deste ano, e no que poderedes escoitar unha biografía, moi pero que moi especial, de Don Paco Fernández del Riego. Non o perdades! Vivan as nosas letras!!

Ligazón ao programa:  https://www.ivoox.com/na-onda-do-mella-8-don-paco-eterno-audios-mp3_rf_108430987_1.html

"O loitador da galaxia", unha obra de Raquel Queizás, no IES Ricardo Mella

 

No día de onte o alumnado de 1º e 2º ESO puido gozar coa representación "O loitador da galaxia", realizada por Raquel Queizás. Unha marabilla de obra sobre a vida do homenaxeado nas Letras Galegas 2023, Don Paco Fernández del Riego. Que ben o pasamos coa máquina do tempo, os indios de Cunqueiro ou co propio Don Paco personificado que baixou pola platea a recrutar galeguistas... Viva Don Paco!! Viva o teatro! Vivan as nosas letras!! E moitísimas grazas Raqueelll!! #oloitadordagalaxia #donpaco #edlgmella #letrasgalegas2023 

Distribuir contido