Normalización Lingüística

Borxa González (Orgullo Galego) no IES Ricardo Mella

 

No día de hoxe tivemos a gran sorte de contar con Borxa González , creador de contidos e desenvolvedor da web e das redes de Orgullo Galego, que veu dar dúas charlas encadradas na Semana das Letras no IES Ricardo Mella. Entre outras cousas, na xornada de hoxe o alumnado de diferentes grupos de Bacharelato e ESO puido descubrir o estado actual da lingua galega nas redes sociais e comprobar, de primeira man, que falando galego podes chegar onde te propoñas...

Grazas Borxa!!  Foi un pracer!!  #semanadasletras #letrasgalegas2023 #edlgmella

AldaoLado, poesía e música no Ricardo Mella

 

Velaí unhas instantáneas da marabillosa actuación poético-musical das Aldaolado no día de hoxe, enmarcada na Semana das Letras Galegas 2023. Sorte a nosa!! #edlgmella #LetrasGalegas2023

Saída 5 ao río Lagares

Fotos da 5ª saída do Proxecto Lagares realizada onte 11/5/2023, na que alumnado de 2º ESO percorreu o roteiro de 4.3 km pola contorna do noso barrio acompañado polas explicacións do profesor e divulgador cultural Xosé Couñago. Ademais, tamén houbo tempo de realizar o xogo da descuberta de especies autóctonas e invasoras, e a rematar a xornada botando unha repichoca no lavadoiro!!

Hai vida no Lagares !!#proxectolagares #edlgmella

 

 

Semana das Letras Galegas no IES Ricardo Mella

 

 

Ollo ao programazo que se vén para esta Semana das Letras 2023, na que gozaremos con actividades moi variadas, como actuacións musicais como a de Aldaolado, faladoiros sobre o galego nas redes sociais con Orgullo Galego, contacontos sobre a figura de Francisco Fernández Del Riego con Raquel Queizás e máis sorpresas, como concursos ou exposicións...

 

Vivan as Letras Galegas no IES Ricardo Mella ‼ #edlgmella #LetrasGalegas2023

5ª saída ao río Lagares

Dentro das actividades organizadas polo Proxecto Lagares, este xoves 11 de maio recuncamos ao río, desta volta co grupo de 2º ESO, que realizará o percorrido de 4km acompañado polas explicacións do divulgador cultural e profesor Xosé Couñago.

 

Distribuir contido