Skip to Content

Marzo 2024

2 de abril: Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Todos os  2 de abril, data do nacemento de Hans Christian Andersen, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Este ano, baixo o lema "Suca os mares coas ás da túa imaxinación", é Xapón o pais  encargado da elaboración da mensaxe e do cartel para esta efeméride. O cartel é obra de Nana Furiya e a mensaxe  foi redactada por Eiko Kadono:

Sobre as ás, os contos viaxan.
Desexando sentir o latexo do teu corazón.

Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.
Unhas veces vou nas ás do vento. Outras, nas das ondas. E outras nas aliñas que ten a area. Por suposto, hai veces en que monto tamén nas ás das aves migratorias.
E, loxicamente, tamén uso as dos avións de cando en vez.
E así, preséntome diante túa, séntome ao teu carón, ábrome nun santiamén por algunha páxina e cóntoche as historias que queiras.
Gústanche as historias fantásticas, ou vanche máis as historias tristes? As de medo? As divertidas?
E se por agora non queres ningunha, pois tampouco pasa nada. Seguro que algunha vez éntranche ganas. Entón, chámasme. Non tes máis que dicir: “Conto Viaxeiro, ven aquí!”, que irei voando ao teu carón.
Mira, teño historias deste estilo.
Unha historia dunha illa que estaba farta de estar soa e aburrida, e púxose a practicar natación e ao final atopou compañía; a dunha misteriosa noite na que apareceron dúas lúas… E a historia de cando Papa Noel se perdeu, entre outras moitas.
A ver? Si, si, paréceme que estou a oír latexar o teu corazón!
Bom, bom! Bum, bum! Pumba, pumba!
Iso é que o Conto Viaxeiro se che meteu dentro e está a facer soar os sinos do teu corazón.
Seguro que a próxima vez es ti o Conto Viaxeiro e vas estar ansioso por saír de viaxe!
E así, un novo Conto Viaxeiro nacerá no mundo.

E, para finalizar, coñece ás autoras da mensaxe e do cartel:

Eiko Kadono nada en Toquio en 1935 pasóu a súa infancia no norte de Xapón, a onde foi evacuda durante a Segunda Guerra Mundial. Despois licenciouse en Literatura Inglesa pola Universidade de Waseda, Tokio, e trasladouse a Brasil, onde viviu dous anos.
En 1981 dou ao prelo  a súa primeira novela infantil, aínda que foi en 1985 cando se consagróu definitivamente coa publicación de Nicky, a aprendiz de bruxa (Nocturna, 2019), sobre unha moza con habilidades máxicas que emprende un servizo de entregas a domicilio nunha cidade costeira. A novela foi adaptada ao cine e recibiu varios galardóns, entre eles o Premio Noma de Literatura Infantil e o Premio Shōgakukan de Libros Infantís, e foi incluída na Lista de Honra IBBY.
En 2018, Eiko Kadono gañou o prestixioso premio Hans Christian Andersen.

Nana Furiya nada en Toquio, ilustradora e autora de máis de setenta libros ilustrados para a rapazada. Despois de ilustrar Mekkira Mokkira Dondon, un popular libro infantil escrito por Setsuko Hasegawa, Furiya trasladouse a Eslovaquia para estudar litografía.
En 2012 organizou a exposición itinerante "De man en man", na que ilustradores de todo o mundo reflexionan sobre o papel da arte en tempos de catástrofes.
Nana Furiya gañou a Pluma de Ouro na Bienal Internacional de Ilustración de Belgrado en 1999 e foi seleccionada para os White Ravens 2021.

Data: 
Mar, 26/03/2024 - 15:35

Abril 2024

Dos gregos aprendín que ríos e regatos
Son deuses que abandonan por veces os seus pazos
E gozan con vagar camiños e meandros,
Regueiros e fervenzas, torrenteiras e saltos.

Así que non me enganas, oh Miño derrubado
No límite do inverno, alá no fin de Marzo,
Que sei que te apresuras, que sei que vas de paso,
A ollar polas ribeiras, nas árbores dos campos,

As dádivas de Abril, os galanos de Maio.


Manuel FORCADELA (Tomiño, 1958) in Morte do fadista

https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/1932/pg_151-157_bgl20.pdf?sequence=1&isAllowed=y

Data: 
Lun, 25/03/2024 - 11:01

Abril 2024

Cuando brillan las estrellas de Victoria Jamieson e Omar Mohamed

    Novela gráfica baseada na experiencia de Omar e o seu irmán Hassan no campo de refuxiados da ONU en Dadaab (Kenia), onde viviron toda a súa infancia. A pesar das condicións difíciles do campo, Omar descobre a marabillosa oportunidade de ir á escola, algo que lle dá á súa vida unha visión esperanzadora do futuro.
    Fatuma, de forma desinteresada, exerce como nai destes dous irmáns chegados desde moi lonxe. Omar soña con volver ver á súa nai. Pero, estará viva? Por que ela non os busca?, Por que non saben nada?

     Coa historia de Omar ábrensenos os ollos a un gran número de situacións que, afortunadamente, nós non vivimos pero que debemos coñecer. Ábrenos as portas á empatía, ao amor, á aceptación do diferente e ao trato igualitario para todos.

     Dúas das amigas de Omar presentan tamén un debate importante, o papel das mulleres nesa sociedade e a “obrigación” de moitos pais de casar ás súas fillas nenas debido á pobreza e á dificultade de sobrevivir nesta situación tan dura que é a vida dun refuxiado.

 

 

 

 

 

 

Data: 
Lun, 25/03/2024 - 07:26

Día Mundial do Teatro 2024

Mensaxe para o Día Mundial do Teatro 2024

polo nobel noruegués Jon Fosse


    Cada persoa é única e, ao mesmo tempo, como todas as demais. A aparencia, pódese ver, é certo, pero tamén hai algo dentro de cada persoa que lle pertence, que a fai única. Podemos chamalo alma ou espírito, ou ben, poderiamos non pórlle palabras, simplemente deixar que estea aí.
    Ao mesmo tempo que somos diferentes, tamén somos iguais. As persoas de todo o mundo somos fundamentalmente iguais, sen importar que lingua falemos, que cor de pel ou de cabelo teñamos.
    Quizais isto sexa unha especie de paradoxo: que somos completamente iguais e diferentes ao mesmo tempo. Talvez unha persoa é paradoxal na súa conexión entre o corpo e o espírito, entre o terreal e tanxible e o que transcende os límites materiais e terreais.
    A arte, a boa arte, consegue á súa maneira e de forma fabulosa reunir o absolutamente único co universal. Permítenos entender a diferenza entre o estraño e o universal. Ao facelo, a arte transcende as fronteiras das linguaxes e os límites xeográficos. Reúne, non só as calidades individuais, senón tamén as características dun grupo de persoas, por exemplo, as nacións.
    A arte non se expresa provocando que todo sexa igual, pola contra, móstranos as nosas diferenzas, aquilo que é alleo ou estraño. Toda boa arte contén precisamente iso: algo estraño, algo que non podemos comprender completamente e que, con todo, entendemos de certo modo. Contén o enigmático, algo que nos fascina e por tanto lévanos máis aló dos nosos límites e así crea a transcendencia que todo arte debe conter e á cal conducirnos.
    Non se me ocorre unha mellor maneira de unir os opostos. É exactamente o enfoque inverso ao dos conflitos violentos que vemos a miúdo no mundo, que alimentan a tentación destrutiva de aniquilar todo o estraño, todo o único e diferente, comunmente utilizando os inventos máis inhumanos que a tecnoloxía puxo á nosa disposición. Hai terrorismo neste mundo. Hai guerra, posto que a xente ten un lado animal que o leva a ver o estraño como unha ameaza á súa propia existencia, en lugar de ver o fascinante enigma que iso representa.
    E entón o único, o diferente que é universalmente comprensible, desaparece. Deixando atrás unha semellanza colectiva onde todo o diferente é unha ameaza que debe ser erradicada. O que vemos desde fóra, vese como desigualdade; por exemplo, as relixións ou ideoloxías políticas convértense en algo que debe ser derrotado e destruído.
    A guerra é a batalla contra o que xace no máis profundo de cada un de nós: o único. E é unha batalla contra toda arte, contra a esencia máis íntima de toda arte.
    Falei da arte en xeral, non da arte teatral en particular, isto débese a que toda boa arte, no fondo, xira ao redor do mesmo: tomar o singular e específico para facelo universal. Articula na súa expresión artística aquilo único co universal: non eliminando o singular, senón salientándoo; deixando que o estraño e o descoñecido brille claramente.
    É tan simple como que a guerra e a arte son opostos, que a guerra e a paz son opostos. A arte é paz.

Data: 
Sáb, 23/03/2024 - 20:03

CONCURSO HAIKUS EN GALEGO

PREME NA IMAXE

 

Data: 
Xov, 21/03/2024 - 10:03

Día da Poesía con Luísa Villalta

Feliz día da Poesía!

Data: 
Mér, 20/03/2024 - 19:21

XVIII Viaxe Clásico-Literaria

XVIII VIAXE CLÁSICO-LITERARIA

 

AS MÉDULAS-ASTURICA AUGUSTA-

LEÓN-BURGOS-CAESARAUGUSTA-

BILBILIS-TURIASO-SORIA-PEÑAFIEL



by Dr. Radut