Skip to Content

Convocatoria de bolsas para inmersión lingüística en inglés

Convócanse en réxime de concorrencia competitiva un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2023.

Mais información premendo aquí

Serán requisitos necesarios para optar a estas bolsas:

a)     Nacer entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2006

b)     Estar matriculado no curso 2022-2023 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:

-          Bacharelato

-          Ensinos profesionais de música e danza

-          Grao medio de Formación Profesional

-          Grao medio de artes plásticas e deseño

-          Grao medio de ensinos deportivos e

-          Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado

c)      Obter no curso 2022-2023 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación e Formación Profesional nalgún dos estudos apuntados no apartado anterior conforme á Resolución 10 de marzo de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios (BOE/BOE do 12 de marzo).

d)     Ter aprobadas todas as materias do curso 2021-2022, a data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.

e)     Estar situado nun lugar do orden de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 3 de abril de 2023.



story | by Dr. Radut