Skip to Content

Pago de taxas

TÍTULO DE BACHAREL

INSTRUCIÓNS PAGO DE TAXAS BACHARELATO (PREMA AQUÍ)

Atriga (Prema aquí)

Códigos

Consellería
07-Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade
Delegación
13- Servizos Centrais
Servizo
03-Ensino Medio
Taxa
302003-Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes a ensinanzas establecidas pola LOE e os seus duplicados
Obxecto de pago
Título de Bacharelato

Convocatoria Ordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato deberá aboar as taxas para a obtención do título de Bacharel. O luns, día 20 de maio de 2024, 09:00 a 14:00 horas, deberanse entregar na secretaría do centro dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento.

*Non facer o pago ata o xoves, 16 de maio de 2024.

Os importes das taxas do título de bacharel son as seguintes:

  • Taxa normal - 54,00
  • Taxa familia numerosa de categoría xeral - 27,03
  • Taxa familia numerosa de categoría especial - 0
  • Duplicado - 4,98

Convocatoria Extraordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato deberá aboar as taxas para a obtención do título de Bacharel. No prazo que vai desde o xoves, día 13 de xuño de 2024 ata o luns, día 17 de xuño de 2024, en horario de 09:00 a 14:00 horas, deberanse entregar na secretaría do centro dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento.

*Non facer o pago ata o xoves, día 13 de xuño de 2024.

Os importes das taxas do título de bacharel son as seguintes:

  • Taxa normal - 54,00
  • Taxa familia numerosa de categoría xeral - 27,03
  • Taxa familia numerosa de categoría especial - 0
  • Duplicado - 4,98
PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU)

INSTRUCIÓNS PAGO DE TAXAS ABAU (PREMA AQUÍ)

Nerta (Prema aquí)

Convocatoria ordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato e quere presentarse ao exame ABAU 2024 deberá aboar as taxas correspondentes. O luns, día 20 de maio de 2024, de 09:00 a 14:00 horas, deberanse entregar na secretaría do centro dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento presencialmente nunha oficina de ABANCA. No caso de facer o pago telemático non é necesario entregar na secretaría do centro o resgardo de pagamento.

*Non facer o pago ata o xoves, 16 de maio de 2024.

Convocatoria Extraordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato e quere presentarse ao exame ABAU 2024 deberá aboar as taxas correspondentes. No prazo que vai desde o xoves, día 13 de xuño de 2024 ata o luns, día 17 de xuño de 2024, en horario de 09:00 a 14:00 horas, deberanse entregar na secretaría do centro dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento presencialmente nunha oficina de ABANCA. No caso de facer o pago telemático non é necesario entregar na secretaría do centro o resgardo de pagamento.

*Non facer o pago ata o xoves, día 13 de xuño 2024.

Aboamento da taxa

O aboamento do prezo da matrícula para as probas ABAU farase a través do proceso telemático da aplicación Nerta ou utilizando o impreso de liquidación que xera a mesma, no caso de que o procedemento se realice mediante a opción de prematrícula.

De conformidade co disposto no DECRETO 121/2022, do 23 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2022/23, o importe do prezo de matrícula para estas probas é de 63,67 euros.
Serán de aplicación as exencións establecidas no artigo 12 do
DECRETO 121/2022, do 23 de xuño:

  • Familia numerosa - Categoría Xeral => 31,84 euros
  • Familia numerosa - Categoría Especial => Gratuíta
  • Persoas con discapacidade (>= 33%) => Gratuíta
  • Vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero => Gratuíta
  • Persoal das Universidades do SUG => Gratuíta

Nota
(1)Os beneficiarios/as de Familia Numerosa de Categoría Xeral e de Familia Numerosa de Categoría Especial deberán achegar, no momento da matrícula, xunto co xustificante bancario, fotocopia cotexada do carné de Familia Numerosa vixente no prazo da matrícula.

(2)A condición de persoa con discapacidade (>=33%), acreditarase no momento de formalización da matrículacoacorrespondenteresoluciónadministrativadoórganocompetenteda Comunidade Autónoma pola que se recoñecese a condición vixente no prazo de matrícula.

(3)A condición de vítima de acto terrorista acreditarase no momento de formalización da matrícula coa correspondente resolución administrativa pola que se recoñecese a condición, vixente no prazo de matrícula.

(4)A condición de vítima de violencia de xénero acreditarase no momento da formalización da matrícula, mediante calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

(5)AXUDASparaopagamentodePrezosPúblicosporServizosAdministrativos. Serán beneficiarias das axudas para o pagamento de Prezos Públicos por Servizos Administrativos todas as persoas que estean contempladas nalgún suposto das "Convocatorias de axudas e subvencións de Prezos Públicos" de calquera das tres universidades públicas do SUG para o presente curso académico:
Persoal docente e de administración e servizos, os seus fillos/as, así como o seu cónxuxe ou persoa con análoga relación das tres Universidades de Galicia terá a matrícula gratuíta.

A gratuidade deberá acreditarse mediante certificación dos respectivos Servizos de Persoal e, no caso de cónxuxe e fillos/as, ademais, por medio da fotocopia cotexada do Libro de Familia. A situación que dá dereito a axuda deberá estar vixente no prazo da matrícula.

AdxuntoTamaño
1a. Instrucións pago taxas bacharelato.pdf6.2 MB
1b. Modelo pago taxa título bacharelato (Presencial).pdf175.88 KB
1c. Presentación pago de taxas (Bach) 2024.pdf1.48 MB
1d. Taxas título de bacharel 2024.pdf2.33 MB
2a.Instrucións pago taxas ABAU 2024 Nerta.pdf275.74 KB
2b. Impreso Taxas ABAU 2024 (Presencial).pdf186.32 KB
2c. Instrucións Nerta Alumnado ABAU 2024.pdf113.02 KB
Presentación pago de taxas (Bach e ABAU) 2024.pdf2.3 MB


page | by Dr. Radut