Skip to Content

Avaliación e exames

Entrega de notas da 1ª avaliación (Diúrno e nocturno)

ESO

As notas publicaranse en ABALAR o mércores, día 30 de novembro, ás 20:00 h (1º ESO, 2º ESO, 3º ESO) e o venres, día 2 de decembro ás 20:00 h (4º ESO). Serán entregadas en formato físico polo/a titor/a a partir do xoves, día 1 de decembro (1º ESO, 2º ESO, 3º ESO) e a partir do mércores 7 de decembro (4º ESO). 

BACHARELATO

1º BACH

Datas e horarios das probas ABAU 2022 (Convocatoria extraordinaria)

Datas e horarios das probas ABAU 2022 (Convocatoria extraordinaria)

A proba terá lugar no Edificio de Ciencias Experimentales. Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo (Pontevedra)

Entrega de notas da avaliación extraordinaria de diúrno e nocturno

 No adxunto poderedes consultar o horario de entrega de notas así como as aulas nas que terá lugar.  O alumnado de nocturno debe reparar nas aulas de entrega pois houbemos de cambialas por mor da oposición que se está a desenvolver no centro.

Parabéns para todo o alumnado polos resultados ABAU 2022

Parabéns para todo o alumnado polos resultados nas probas de avaliacións de bacharelato para acceso á universidade

Horario das Probas ABAU 2022

Anexo III da convocatoria da ABAU que corresponde ao Horario das Probas.

Pago de Taxas ABAU 2022

Instrucións para o pago de taxas ABAU 2022

Convocatoria ordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato e quere presentarse ao exame ABAU 2022 deberá aboar as taxas correspondentes.

No documento adxunto detállanse as instrucións de pago da taxa.

*Non facer o pago antes do mércores, día 18 de maio.

Convocatoria Extraordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato e quere presentarse ao exame ABAU 2022 deberá aboar as taxas correspondentes.

Parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da ABAU 2022

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2022/23

Calendario Fin de Curso 2021-2022 (ESA III e IV)

Nos arquivos adxuntos aparece a información dos horarios de exames e de entregas de notas das avaliacións ordinaria e extraordinaria da ESA III e da ESA IV.  Lembrade que todas aquelas persoas que se presenten aos exames finais deben vir co DNI. 

Calendario Fin de Curso 2021-22 (1º BACH Persoas Adultas)

No arquivo adxunto poderás consultar os horarios de exames e de entregas de notas correspondentes á avaliación ordinaria e extraordinaria do curso 2021-22 correspondentes ao 1º BACH de Persoas Adultas. Lembrade que para asistir ás probas debedes presentar o DNI.

Calendario Fin de Curso 2021-22 (2º BACH PERSOAS ADULTAS)

No ficheiro adxunto poderás consultar os horarios de exames e de entregas de notas da avaliación ordinaria e extraordinaria do curso 2021-22 de 2º BACH de Persoas Adultas. Lembra que para presentarte ás probas debes vir co DNI.

Distribuir contido


by Dr. Radut