Skip to Content

Concursos e premios

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020-2021

O 22 de abril publicouse no DOG a Orde do 9 de abril de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020-2021 (código de procedemento ED311A).

Pode acceder, a partir da data inicial de presentación de solicitudes, á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A.

Convocatoria de premios extraordinarios da ESO

O día 24 de xullo, publicouse no DOG a Orde do 13 de xullo de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Prazo de presentación: ABERTO

27/07/2020 - 21/08/2020

Convocados os Premios extraordinarios de Bacharelato

Hoxe 22 de xullo publícase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato do curso 2019/2020.

Poderá obtar a eles o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2019/2020 cunha nota media na etapa igual ou superior a 8,75.

O prazo para solicitalo remata o 24 de agosto.

Premio Proxecta de Innovación Educativa ao IES Sta. Irene

Con data 3 de decembro foi publicada a Resolución Definitiva da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que concede ao instituto Santa Irene o 3º premio na categoría B dos Premios Proxecta de Innovación Educativa, polo proxecto realizado conxuntamente co IES Carlos Casares "O Prado fala galego".

Felicitamos ás profesoras Inma Peniza e Beatriz Martínez, pola organización do proxecto, e a todo o profesorado e alumnado participante.

Premios extraordinarios de Bacharelato

O día 11 de abril, publicouse no DOG a Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.

Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que obtivera unha nota media de bacharelato igual ou superior a 8,75 e cumpra os requisitos recollidos na convocatoria.

O prazo de presentación comezou o pasado día 29 de abril e remata o 28 de maio de 2019.

Premios extraordinarios de Bacharelato

O día 11 de abril saiu publicado do DOG a Orde pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato, para o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 29 de abril e remata o 28 de maio de 2019.

Máis información

Premios extraordinarios ESO 2017/2018

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/2018.

Toda a información pódese atopar en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24936

Apertura do prazo para a presentación de solicitudes aos Premios extraordinarios de Bacharelato

O día 15 de marzo publicouse no DOG a Orde do 27 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18.

As solicitudes poderán presentarse entre o día 2 de maio e o 1 de xuño de 2018.

Máis información:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessantairene/node/1817

Convocatoria Premios Extraordinarios de Bacharelato 2017/2018

Poderá presentarse calquer alumna ou alumno que finalice os estudos de bacharelato no curso 2017-2018 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e sexa proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso. Para poder optar a estos premios, a nota media do bacharelato terá que ser igual ou superior a 8,75.

O prazo para solicitalo será dun mes contado a partir do día 2 de maio de 2018.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2016-2017

O día 7 de xuño, publicouse no DOG a Orde do 23 de maio de 2017 pola que se convocan os premios expraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016-2017.

No artigo 4 de dita orde establécese que:

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 8 de xuño de 2017
Prazo de presentación de solicitudes:  08/06/2017 - 07/07/2017

Distribuir contido


by Dr. Radut